Dous alumnos do IES de Sar premiados no CERTAME CICERONIANO e un no CONCURSO NACIONAL DE LINGUA E CULTURA GREGAS

CERTAME CICERONIANO:


O alumno do IES de Sar de 2º Bach D,  Miguel Giadás Quintela gañou a fase galega do “Certame Ciceroniano”, consistente na tradución e comentario de textos de Cicerón. Brais Prieto Moure, de 2º Bach D, tamén do IES de Sar, quedou segundo. A proba celebrouse o 23 de febreiro na facultade de Filoloxía da USC


                             


CONCURSO NACIONAL DE LINGUA E CULTURA GREGAS:


Miguel Giadás Quintela,  alumno de 2º Bach D do IES de Sar, ven de gañar a fase galega do “Concurso nacional de lingua e cultura gregas” que tivo lugar o pasado 20 de abril.


 


A Sociedade Española de Estudos clásicos convoca ambos certames. É a primeira vez que o mesmo alumno gaña os dous premios.