Skip to Content

ADMISIÓN BACHARELATO

CALENDARIO ADMISIÓN BACHARELATO CURSO 2023/24

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN NO CENTRO:

PRAZO: Do 1 ao 20 de marzo (antes do 28 de febreiro deberán renunciar expresamente e por escrito á reserva de praza no centro adscrito, se a houbera: ANULACIÓN da reserva anterior)

MODOS: Pódese facer a través das seguintes vías:

1. Aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

2. No centro de primeira opción: unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

 

CONSULTA:

Os centros publicarán as listaxes de admitidos/non admitidos nas datas:

  • Listaxes provisionaisantes do 25 de abril.
  • Reclamacións: 5 días hábiles (luns a venres, días non festivos), a partir do seguinte á publicación das listaxes.
  • Listaxes definitivasantes do 16 de maio.

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, utilizando:

1. Código de solicitude.

2. Número de DNI da persoa solicitante.



blog | by Dr. Radut