Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

    Nos dous cursos de bacharelato, a materia de TIC persegue a consolidación dunha serie de coñecementos tecnolóxicos indispensables. Así, o bloque “A sociedade da información e o ordenador” introduce o alumnado na importancia desta materia na sociedade actual. Os bloques “Arquitectura de ordenadores”, “Redes de ordenadores” e “Seguridade” abondan en aspectos relativos aos compoñentes e á configuración dos ordenadores, e á súa conexión en redes. O bloque “Software para sistemas informáticos” profunda no uso de aplicacións de uso común no mundo actual, tales como as aplicacións ofímáticas de edición de texto, de cálculo, de elaboración de presentación, de almacenaxe de información e de traballo con imaxe e ví- deo. E os bloques “Programación” e “Publicación e difusión de contidos” afondan no deseño de programas que permitan dar solucións a problemas do mundo real, e no uso destes no mundo da Internet.

  programación

  Entrada á materia na Aula Virtual do Centro

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer