Programas de Centro. Plan Proxecta do IES de Rodeira
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 10:45Os Programas de Centro que temos actualmente vixentes son os que se detallan a continuación:
Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS.
- Mais e Mellor Actividade Física.
- Movete+
- XOGADE
- Milla diaria.
- Camiña en bici a escola.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 5. Igualdade de xénero
- ODS 10. Redución das desigualdades
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
Por 365 días de respecto e igualdade
O programa consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.
Intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 5. Igualdade de xénero
Proxecto Ríos
Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Mediante a proposta de desenvolvemento por equipos interdisciplinarios nos centros educativos galegos do proxecto “Adopta un río” preténdese desenvolver os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. A través de charlas e saídas formativas proporcionaranse as ferramentas básicas que garantan a participación activa e colaborativa do alumnado. Os centros de ensino poden traballar esta iniciativa dentro dos distintos departamentos (elaboración de roteiros, deseño de blogs, limpezas de ríos, elaboración de material multimedia etc.) e incluílo no seu proxecto educativo e na súa programación xeral anual.
Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística
O programa consiste en elaborar e desenvolver un proxecto relacionado coa innovación educativa en dinamización da lingua galega no centro de ensino. Para iso, o centro, mediante un traballo en equipo, planificará e desenvolverá accións innovadoras que impliquen e fomenten o uso da lingua galega e á vez promovan o coñecemento cultural para garantir a plena competencia comunicativa.
Dada a nova realidade social na que nos movemos e os novos retos que nos propón o futuro, precísase que o uso do galego se amplíe nos centros e se prolongue no ámbito que os rodea, de xeito que a mocidade galega atope nel espazos onde se comunicar con normalidade na lingua propia de Galicia.
Consulta as nosas últimas novas no noso blog: lingualizate.blogspot.com
Séguenos no Instagram: @lingualizat
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 5. Igualdade de xénero
- ODS 10. Redución de desigualdades
Correspondentes xuvenís
Correspondentes xuvenís é un programa que pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais...
- Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
- Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia
- Participar no Foro de Correspondentes Xuvenís
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
- ODS 4. Educación de calidade
Podes visitar tamén a galería de actividades completa dos programas de centro