Departamento de Francés
Enviado por admin o Xov, 18/06/2015 - 12:19DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Bonjour et bienvenue à la page web du département de français du IES de Rodeira !
Mandamos un saúdo a todas as personas que estades a navegar por estas páxinas. Aproveitamos a ocasión para indicarvos que no IES de RODEIRA tendes a oportunidade de entrar en contacto coa francofonía e a lingua francesa elexindo:
- Francés Primeira Lingua Estranxeira
- Francés Segunda Lingua Estranxeira
Organizamos actividades, dentro da aula e fóra dela, para coñecer a cultura e a lingua meta non só cos oídos e a vista, senón tamén cos outros sentidos (o tacto, o gusto e o olfato).
Animádevos a escoller outra lingua estranxeira! O francés é sempre un “plus”.
A nosa información está organizada en 6 puntos, segundo o hexágono imaxinario e virtual tradicionalmente asociado á Galia.
Boa navegación e bo descubrimento!
- Páxina Información xeral
- Páxina Proxecto TICS
- Páxina Proxecto Lector
- Páxina Francia e a Francofonía
- Páxina interdisciplinaridade e transversalidade
- Páxina Competencias
Información xeral
Quenes somos?
O noso departamento está composto por:
- Patricia Caride Rivas
- Carmen Soto Cano (Xefa de Departamento)
A NOSA OFERTA EDUCATIVA
Propoñemos francés, como primeira e segunda lingua, na ESO e no Bacharelato.
Na liña das directrices da Unión Europea para o Lifelong Learning Programme (LLP) cando a nosa disposición horaria o permete, encargámonos de obradoiros que, desenvoltos en horario vespertino, achegan á lingua e á cultura francesa aos adultos interesados.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
-Celebración de efemérides francesas e/ou francófonas: