Departamento de Electrónica
Enviado por admin o Mér, 20/05/2015 - 10:52O Departamento de Electrónica e Telecomunicación imparte do IES de Rodeira imparte os seguintes ciclos de formación profesional e materias optativas:
- Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións
- Ciclo Superior de Sistemas de Telecolunicacións e Informáticos
- Optativa de Iniciación Profesional á Electricidad e á Electrónica
- Posuír o título de graduado en educación secundaria.
- Posuír o título de formación profesional básica (O perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
- Posuír o título de técnico dun ciclo de grao medio de formación profesional.
- Posuír o título de técnico auxiliar.
- Posuír unha titulación universitaria ou equiivalente a efectos académicos
- Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dous materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
- Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
- Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
- Ter superados outros estudos declarados equivalentes.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superad a proba de acceso a ciclos formativos.
- É posible acceder tamén superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan tódolos anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
- Posuír o título de Bacharelato
- Ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Superar a proba de acceso a ciclos formativos. Será necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumplilos no ano natural de realización da proba.
- Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos, e posuír o título de Grao Medio da familia profesional de Electricidade-Electrónica.
As persoas adultas tamén poden cursar os módulos profesionais nos que estén interesados de xeito individual.
Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
Enviado por admin o Xov, 21/05/2015 - 06:55Este ciclo capacitará ao alumnado para desenvolver proxectos, xestión, supervisión, montaxe e mantemento das infraestructuras comúns de telecomunicacións (ICT) e de sistemas e equipamantos de telecomunicacións, como redes de banda larga, radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos de producción audiovisual e de transmisión, sistemas domóticos e de fogar dixital...etc., que permitirán a saída profesional en empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, desenvolvemento de proxectos, supervisión de montaxe e/ou mantemento de instalacións e infraestructuras, deseño, montaxe e mantemento de sistemas domóticos e fogar dixital... etc.
Este título permite ademáis o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao, nas condicións de admisión que se establezan. Para facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS, distribuídos entre os distintos módulos profesionais do ciclo que se poden realizar de xeito individual por todas as persoas adultas que o desexen
A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:
- Configuración de Infraestructuras e Sistemas de Telecomunicacións
- Elementos de Sistemas de Telecomunicacións
- Sistemas informáticos e Redes Locais
- Técnicas e Procesos en Infraestructuras de Telecomunicacións
- Sistemas de Producción Audiovisual
- Redes Telemáticas
- Sistemas de Radiocomunicacións
- Sistemas Integrados e Fogar Dixital
- Proxecto de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
- Formación e Orientación Laboral
- Empresa e Iniciativa Emprendedora
- Xestión de Proxectos e Instalacións de Telecomunicacións
- Sistemas de Telefonía Fixa e Móbil
- Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas)
Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións
Enviado por admin o Xov, 21/05/2015 - 08:45Este ciclo capacitará ao alumnado para montar e manter instalacións audiovisuais, radiocomunicacións e antenas, domóticas, de seguridade electrónica, eléctricas, telemáticas, Informáticas e Telefónicas... , que permitirán saídas profesionais como Instalador/a de Telecomunicacións en edificios de vivendas, Instalador/a de antenas, Instalador/a de sistemas de seguridade, Técnico/a en redes locais e telemática, Técnico/a en instalacións de megafonía e son, Instalador/a e Mantedor/a de sistemas domóticos e automáticos, Técnico/a instalador/a mantedor/a de equipamentos informáticos e telefónicos, Técnico/a en montaxe e mantemento de sisteamas de radiodifusión.
A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:
- Electrónica Aplicada, analóxica e dixital (10)
- Equipamento Microinformático (5)
- Instalacións eléctricas básicas, en vivendas e locais (7)
- Instalacións de megafonía e sonorización (6)
- Instalacións de radiocomunicacións (4)
- Formación e Orientación Laboral (4)
- Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións en Vivendas e Edificios -antenas,cableado,fibra óptica- (7)
- Instalacións Domóticas -automatización- (7)
- Redes de Datos e Sistemas de Telefonía (10)
- Circuitos pechados de televisión e Seguridade electrónica -cámaras de vixiancia,alarmas,videoporteiros- (9)
- Empresa e Iniciativa Emprendedora
- Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas, 400horas)