Proceso de admisión curso 2023-2024
Está aberto o período de admisión para todo o alumnado de centros non adscritos que desexe cursar no 2023-2024 no IES de Rodeira. Poden consultar as vacantes en cada nivel, grupo e modalidade, así como a documentación necesaria.
Se queren realizar presencialmente o trámite, poden pasar en horario de secretaría do centro: de luns a venres de 9h00 a 14h00 e os martes das 16h00 ás 19h00.
No documento que se anexa poden consultar o mapa coa área de influencia do IES de Rodeira que se correponde coas áreas do CEIP A Rúa e o CEIP Castrillón-Coiro, para a ESO e o Bacharelato.
Instancia de solicitude segundo o Anexo II da Orde (ED550B)
Mapa das áreas de influencia e limítrofes
Descargar o documento coas vacantes
Documentación resumo do proceso e criterios do baremo
Oferta educativa 1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía
Oferta educativa 1º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais
Oferta educativa 2º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía
Oferta educativa 2º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais