Entrar

Eleccións ao Consello Escolar

ELECCIÓNS

CONSELLO ESCOLAR

IES DE RODEIRA 2022

 Que?

O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación de todos os sectores da comunidade educativa: Dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente.

Aproba orzamentos, proxectos, expedientes e todas as decisións importantes do Centro.

Quen pode participar?

Profesorado, Alumnado, Persoal non Docente e Nais e Pais


Como podo participar?

De dous xeitos: presentando CANDIDATURA e VOTANDO o día das eleccións.

Para presentar a túa candidatura deberás cubrir o formulario correspondente (podes recollelo no centro ou ben descargalo na web) e presentalo por rexistro na secretaría do centro.

 Como se organizan as eleccións?

Constituíndo unha XUNTA ELECTORAL formada polo Director e unha nai ou pai, un profesor/a, un membro do persoal non docente e un alumno/a elixidos por sorteo

A XUNTA ELECTORAL ORGANIZA AS ELECCIÓNS: elabora e publica o CALENDARIO, aproba e publica o CENSO, admite e anuncia as CANDIDATURAS PRESENTADAS, constitúe as MESAS ELECTORAIS e proclama as CANDIDATURAS ELIXIDAS.

Quen forma parte do Consello?

  •     O Director
  •     O Secretario
  •     O Xefe de Estudos de diurno
  •     A Xefa de Estudos de adultos
  •     7 representantes do profesorado
  •     4 representantes do alumnado
  •     3 representante dos pais e nais
  •     1 representante do persoal non docente

 

MEMBROS ELEXÍBEIS NO ANO 2022:

  • 4 representantes do profesorado
  • 2 representantes do alumnado
  • 2 representantes dos pais e nais

CALENDARIO ELECTORAL

11-18 NOV. Presentación candidaturas. Publicación censos electorais. Reclamacións.
21 NOV. Proclamación candidaturas. Sorteo mesas electorais.
11-29 NOV. Campaña electoral.
29 NOV. ELECCIÓNS para o alumnado, profesorado, pais/nais

 

AdxuntoTamaño
20221110_CandidaturaAlumnado.pdf254.91 KB
20221110_CandidaturaFamilias.pdf255.01 KB
20221110_Candidaturaprofesorado.pdf254.9 KB