Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

ESO e BACHARELATO: Admisión para o curso 2022/2023

ESO e BACHARELATO

PRAZO de PRESENTACIÓN de SOLICITUDES:

do 1 de marzo ao 21 de marzo

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na  aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que  desexa cambiar de centro escolar   na ESO e Bacharelato sempre que haxa prazas dispoñibles 

 

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación “admisionalumnado”, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES  VACANTES

CURSO 2022-2023

   1º ESO:  38 (29+3 NEAE) 

   2º ESO:  07                                

   3º ESO: 10                         

   4º ESO: 11                                                                      

                 

    1º Bacharelato  Ciencias: 14                                       

    1º Bacharelato  Humanidades e Ciencias Sociais: 32

    2º Bacharelato  Ciencias: 14

    2º  Bacharelato  Humanidades e Ciencias Sociais: 15