Información básica para as familias

CURSO 2020/2021
(Reunión de inicio de curso desconvocada pola situación COVID)

EQUIPO DIRECTIVO

Director:                     Noé Massó
Vicedirección:              David Fernández
Xefatura de Estudos:    Fernando Quinteiro
Secretaría:                  David García

    Contacto

Teléfono: 986 303933
Correo:    ies.rodeira@edu.xunta.gal

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Alexandre Bermúdez e Lucía Malvido

O Departamento de Orientación está ao servizo das familias do alumnado para todas aquelas cuestións propias da orientación educativa e profesional.

    Horario de atención ás familias:

Martes      10.30 a 12:00 horas
Mércores  16.30 a 18:30 horas

    Contacto

Teléfono     986303933
Correo    rodeiraorienta@iesrodeira.gal
Whatsapp  655528856

TITORÍAS

Cada grupo conta cunha titoría a través do que deben canalizarse as cuestións docentes e de convivencia. Poden contactar co titor/a mediante recado a través do alumno/a, aviso no 986303933, AbalarMóbil e calquera outro medio que a titoría habilite. As citas co profesorado de cada materia xestiónanse tamén a través da titoría.
Este curso, por mor da situación sanitaria, as citas deben ser preferentemente por teléfono ou videoconferencia.

FALTAS DE ASISTENCIA

A asistencia diaría é obrigatoria, tanto en ensino presencial coma telemático. Todas as faltas de asistencia deben ser xustificadas ante a titoría:

  • Mediante o MODELO OFICIAL DO CENTRO dispoñible en Conserxería, acompañado da documentación pertinente (xustificantes médicos, etc.)
  • A través da aplicación ABALARMÓBIL, si así o admite a titoría
  • Xustificantes familiares en ocasións imprevistas e puntuais. Esto debe ser unha excepción, nunca algo “habitual”

A reiteración de faltas inxustificadas pon en marcha o protocolo de absentismo escolar.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A partir do 1 de decembro poden consultar as programacións actualizadas de cada materia na WEB do Centro.

USO DO MÓBIL

A norma vixente permite acudir  co móbil ao Centro SEMPRE APAGADO E GARDADO. O uso non autorizado sanciónase mediante a requisa do aparato que, en caso de reincidencia será de 48 horas, debendo acudir os responsables ao Centro para recuperalo.

PREVENCIÓN DE SUBSTRACCIÓNS DE MATERIAL ESCOLAR

Somos unha comunidade grande nun edificio amplo. É recomendable ao saír ao recreo ou cambiar de aula deixar o posto de traballo recollido, con todo gardado na mochila pechada. Tamén marcar os libros de forma visible e de forma “secreta”, para poder identificalo en caso de conflicto.

HÁBITOS NA CASA

A educación implica a cooperación entre o Instituto e as familias. O traballo no Centro só ocupa as mañás. É fundamental por parte das familias organizar un espazo persoal de traballo, definir o tempo de lecer  e de actividades e cultivar bos hábitos  de alimentación, hixiene e soño. En xeral, o alumnado debería adicar dúas horas diarias ao estudo e traballo.

OUTROS PROTOCOLOS

Poden consultar os PROTOCOLOS de ENTRADAS E SAÍDAS, DE ACTUACIÓN ANTE SINTOMATOLOXÍA COVID, DE USO DO TRASPORTE ESCOLAR e os PLANS DE ADAPTACIÓN e CONTIXENCIA COVID  no Espazo Covid do IES de Rodeira.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer