Información da situación e consulta ao alumnado e familias de bacharelato

A adaptación aos novos e cambiantes protocolos de prevención complica a organización do curso 2020/21, dada a alta ocupación do noso Centro. O inicio de curso acaba de retrasarse ata o 23 de setembro. Queremos aproveitar este aprazamento para informar ao alumnado e as familias e coñecer a vosa opinión acerca das tres posibilidades de organización polas que podemos optar neste momento:

OPCIÓN A.
ESO e BACH, clase pola mañán (8:30 a 14:10/15:00)

Mantén o horario habitual pero esixe asumir o risco de convivir 800 personas no mesmo espazo. Implica múltiples limitacións nos movementos, rigor nas normas e transformacións nos espazos comúns, habilitando coma aulas Biblioteca, Usos Múltiples, a Sala de Profes e outras dependencias.

OPCIÓN B.
ESO e BACH, clase pola mañán.

Bacharelado semipresencial (semana presencial/semana on-line en casa)
Reduce 120 persoas na ocupación da mañán, resolve bastantes problemas de espazo, e prepara ao alumnado de Bacharelato no traballo on-line, pero esixe medios, conectividade, transformacións pedagóxicas e alta responsabilidade no alumnado.

OPCIÓN C.
ESO clase pola mañán e BACH pola tarde (de 16:00 a 22:00/22:20)

Reduce en 240 persoas a ocupación da mañán e resolve os problemas de espazo, pero altera fondamente as actividades personais e a conciliación familiar, incrementa a ocupación da tarde e esixe alta responsabilidade no alumnado.

Nas tres opcións a ESO é presencial en horario de mañán.
As tres son viables se contamos co profesorado solicitado.

Consideramos moi necesario coñecer a vosa opinión para poder decidir con criterio e perspectiva, pois calquera das tres opcións presenta pros e contras que deberemos asumir toda a Comunidade Escolar. Unha maioría do claustro de profesores pronunciouse este xoves a favor da opción C: impartir o Bacharelato en horario de tarde.

FORMA DE PARTICIPAR NA CONSULTA

  • Ao ser o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato o mais afectado, diriximos a consulta a eles e as súas familias.
  • O luns 14 se setembro, de 10 a 20 horas, poderedes pasar pola Conserxería do Instituto e comunicar as vosas preferencias mediante o impreso que alí se vos facilitará.
  • No impreso haberá información mais ampla e concreta sobre as tres opcións.
  • So se admitirá 1 impreso por alumno.
  • Poderá depositar o impreso calquera representante da familia (nai, pai, alumno/a)

MAIS INFORMACIÓN

Haberá unha REUNIÓN informativa o luns 14 de setembro as 18:00 no Patio do Instituto

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer