Probas de acceso de grao medio: mércores 10 de xuño
O alumnado que presentou as solicitudes no IES de Rodeira, IES María Soliño , IES Johan Carballeira e IES Plurilingüe Paralaia para a realización da proba de acceso a Ciclos Medios, terá que facer o exame o día 10 de xuño de 2020, no IES RODEIRA DE CANGAS.
Horario:
- Ás 9,15 horas: Presentación
- Das 10,00 ás 13,00 horas: Parte matemática e parte sociolingüística da proba (matemáticas, lingua galega lingua castelá e ciencias sociais).
- Das 16,00. ás 18,00. horas: Parte cientifico-técnica da proba (ciencias da natureza e tecnoloxía)
Cómpre presentar, para a realización da proba, o documento nacional de identidade (DNI) e a folla da solicitude de inscrición.
Materiais que se poden empregar para a realización das probas:
• Bolígrafos de tinta negra ou azul.
• Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar nen transmitir datos.
• O ALUMNADO TERA QUE VIR PROVISTO DE MASCARILLA
Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.
A resolución establece as seguintes datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior:
- Ciclos de grao medio o día 10 de xuño de 2020.
- Ciclos de grao superior o día 11 de xuño de 2020.
Máis información: