Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)

  • Presentación no centro: Presentar a solicitude e o anexo II debidamente cumprimentados e asinados, xunto coa documentación. Estes impresos pódense decargar ou solicitalos no centro.
  • Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Procedemento ED330B
  • Prazo: do 20 de maio ata o 19 de xuño

Aviso correción: Na páxina 20568, no punto 2, no segundo parágrafo, onde di: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 432)...», debe dicir: «Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435)...».

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer