Teleformación: Comunicado para as familias e alumnado

aviso AVISO SOBRE ENTREGA CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN E OUTROS:

  1. Entrega de notas: este xoves 2 de abril. 
  2. As familias ou alumnado sen AbalarMóbil recibirán os boletíns por correo electrónico.
  3. Pregamos a todas as familias que instalen a app abalarMobil para poder estar puntualmente informadas.

Grazas e ánimos!

Para a teleformación todo o alumnado debe dispoñer dunha conta na Aula Virtual do IES de Rodeira, a canle principal de comunicación entre alumnado e profesorado durante esta crise.

Os pasos a seguir son:

1) Crear unha conta de alumna/o na Aula Virtual do IES de Rodeira, se non se dispón de unha xa.

No seguinte vídeo ilústrase o sinxelo proceso de creación dunha conta na Aula Virtual. É preciso dispor dunha conta de correo electrónico (preferiblemente de Gmail, pois permite utilizar prestacións adicionais).

 2) Para cada materia (matemáticas, etcétera) inscribirse no curso correspondente.

No seguinte vídeo amósase o proceso. 

 3) Para cada curso, seguir as instrucións indicadas pola profesora ou profesor, no curso.

 

Para un correcto funcionamento da teleformación é moi importante que cada alumna/o estea pendente do correo electrónico utilizado na creación da conta da Aula Virtual, así como das instrucións que cada profesora ou profesor indica no seu curso.

Por favor, remitir calquera dúbida ou consulta ó correo electrónico: ies.rodeira@edu.xunta.gal.

Grazas pola colaboración e ánimos.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer