Admisión de alumnado para ESO e BACHARELATO, Curso 2020/2021

O alumnado que desexe iniciar estudos no IES de Rodeira, para os efectos de solicitude de admisión, pode escoller entre dúas posibilidades:

  • presentar no centro o formulario normalizado (ED550B): prazo do 1 ó 23 de marzo (os días xoves 19 e venres 20 o centro estará pechado por ser festivos)
  • presentar a través da aplicación "admisionalumnado" o formulario normalizado (ED550B): prazo do 1 ó 20 de marzo (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo escollido ou en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluíndose a SEDE ELECTRÓNICA.

Ligazóns de interese:

VACANTES OFERTADAS POLO IES DE RODEIRA

  • 1º ESO:  25 (3 reservadas para alumnado NEE; 1 alum. = 3 prazas)
  • 2º ESO:  0 (cero)
  • 3º ESO:  9 (nove)
  • 4º ESO: 16 (dezaseis)
  • 1º Bacharelato Ciencias:  34 (trinta e catro)
  • 1º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais:  30 (trinta)
  • 2º Bacharelato Ciencias: 5 (cinco)
  • 2º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais: 7 (sete)

Normativa aplicable:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012)
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.  (DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013)
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer