O alumnado do bacharelato científico viaxa a Suíza

O pasado mes de decembro, alumnado de bacharelato visitou Suíza. Unha viaxe curta en duración mais moi intensa no seu contido, que lles permitiu coñecer o CERN, centro punteiro a nivel mundial na investigación na física de partículas, así como a sede da ONU e a Universidade de Xenebra.

Alumnado no CERN

20 alumnos e alumnas do 2º de bacharelato científico puideron descubrir a historia da investigación que se leva desenvolvendo no CERN nos últimos 50 anos, así como coñecer as novas liñas abertas no seu LHC (colisionador de hadróns, un xigantesco acelerador de partículas circular de 27 km de lonxitude) despois de ser descuberto alí o bosón de Higgs no 2013. O físico asturiano Xuan González, que traballa no propio CERN desde hai anos, foi o noso guía durante a visita e grazas a el  soubemos non só da historia e liñas de investigación do CERN senón tamén un chisco do día a día e a vida cotiá nun centro destas características, onde conviven decote persoas de procedencias e culturas moi diversas.
 
Na viaxe, organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración de Departamento de Física e Química, tamén houbo tempo de visitar a sede da ONU en Xenebra e coñecer mellor, nunha interesante visita guiada, que tipo de actividades desenvolve esta organización ao longo do mundo enteiro.  Malia tratarse dunha visita de apenas 3 días, o alumnado aínda tivo tempo de realizar un entretido obradoiro matemático no Mathscope da Universidade de Xenebra.

O obxectivo desta viaxe foi dar a coñecer ao alumnado as últimas teorías científicas nun centro que está á vangarda mundial na física experimental ademais de tentar espertar vocacións científicas entre eles.

 

Alumnado no CERN

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer