Novo Boletín Oficial Xeral do IES de Rodeira 0/2

Logotipo Boinx

O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro  trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.

Está a vosa disposición no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/boinx.

Para todo tipo de  colaboracións, avisos, aportacións ou suxerencias podedes usar boinx@iesrodeira.com.

A estrutura é sinxela: AÍ VEÑEN...! avisa do que vai pasar; ....AÍ VAN!, do que xa pasou. AÍ ESTÁN, de asuntos en marcha.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer