Importante: Folga transporte 20/6/2017

Está convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.

Os servizos mínimos que foron aprobados a última hora do pasado venres e hoxe foron publicados no diario oficial de Galicia quedan así:

“ b) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer