Gala Fin de Curso 2016/17
Enviado por Anónimo o Ven, 02/06/2017 - 08:33
O 25 de maio celebramos no Auditorio Municipal de Cangas a Gala fin de curso para facer un recoñecemento ao alumnado que remata etapa: 2º BACH e 2º de CICLOS FORMATIVOS. O alumnado presentou a gala e ofreceu actuacións musicais de alto nivel.
Fíxose tamén, un percorrido do paso do alumnado polo IES de Rodeira mediante unha presentación de vídeo e unha recopilación de fotos cos seus mellores momentos. Ao final cada un dos/as alumnos/as subíu ao escenario para recoller un pequeno agasallo.