Parlamento Xove 2017
Un ano máis (e xa van cinco) o IES de Rodeira volveu participar na actividade do Parlamento Xove cun grupo de alumnos de ESO e dous de Bacharelato. A 2ª e a 5ª posición acadadas na fase preliminar cos equipos de Bacharelato, permítenos loitar pola final, que será o vindeiro 20 e 21 de abril en Santiago: no hotel Peregrino (cuartos de final) e Parlamento de Galicia. Os temas da fase clasificatoria foron sobre se se debería cambiar a idade legal para poder mercar alcol, na categoría da ESO e sobre se as novatadas constitúen un suposto de acoso, no bacharelato. O tema da final é para todos o mesmo: Deberíamos restrinxir o acceso a internet para aumentar eficazmente a seguridade dos/as adolescentes?
Os equipos están coordinados por María Navaza e Ana Leirós.
- Equipo da ESO: Carla Gil, Isaac Piñeiro, Valeria Rodríguez e Antón Iglesias.
- 1º Bacharelato (equipo II): Lara González, Brais Durán, Alexandriu Ionescu e Dennise Martínez.
- 2º Bacharelato (equipo I): Xaquín Lemos, Cibrán López, María Santos e Antía Ordóñez.