Debuxo Técnico I e II



Debemos entender o debuxo técnico como unha linguaxe universal que nos permite expresar gráfica e
obxetivamente unha realidade.
Aprenderemos a desenrolar as destrezas necesarias para expresarse cos instrumentos específicos do
debuxo, empregando as técnicas gráficas axeitadas e ofrecendo solucións claras, precisas e
obxetivas.
Desenrolaremos a visión espacial para ser capaz de relacionar, situar e comparar as formas tanto
no espazo real como no espazo do debuxo.
Coñeceremos e comprenderemos as regras do debuxo técnico para interpretar a representación de
formas como imaxe da realidade.
Usaremos os métodos e coñecementos do debuxo técnico na investigación e solución razoada de
problemas científicos e técnicos.
Aceptaremos a normalización como convencionalismo universal que simplifica e facilita o
entendemento da representación e que racionaliza a producción dunha determinada
realidade.
Coñeceremos as principais normas (UNE e ISO), na execución de planos técnicos.
Desenrolaremos a destreza expresiva necesaria para trazar croquis a man alzada, rexistrando os
aspectos fundamentais de forma, orientación, proporción, detalles, medidas, etc. dunha
realidade determinada.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer