Educación Plástica e Visual

A competencia artística e cultural adquírese fundamentalmente a través da área de
educación plástica e visual, estando presente ao longo de todo o currículo.

O alumnado aprende a mirar, ver, observar e percibir, e desde o coñecemento da
linguaxe visual, a apreciar os valores estéticos e culturais das producións artísticas do
propio patrimonio cultural e do alleo. Contribúese tamén a acadar esta competencia cando
se experimenta e investiga con distintas técnicas plásticas e visuais para expresarse a
través da imaxe. A educación plástica e visual colabora na adquisición de autonomía e
iniciativa persoal dado que todo proceso de creación supón converter unha idea nun
produto. Incide estreitamente en desenvolver estratexias de planificación, de previsión de
recursos, de anticipación e avaliación de resultados. Deste xeito, sitúa o alumnado ante un
proceso que o obriga a tomar decisións de maneira autónoma. Todo isto, xunto co espírito
creativo, a experimentación, a investigación e a autocrítica, fomentan a iniciativa e
autonomía persoal.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer