Convocadas axudas para aquisición de libros de texto e material escolar (alumnado ESO)
Enviado por secretariado o Mér, 18/05/2022 - 11:17Toda a información en:
Convocadas axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2022/2023
Enviado por secretariado o Mér, 18/05/2022 - 11:03Publicación no Boletín Oficial do Estado:
Convocadas axudas para alumnado 2º ESO inmersión lingüística en lengua inglesa
Enviado por secretariado o Ven, 13/05/2022 - 11:36Toda a información en:
Titorial pago taxas títulos
Enviado por secretariado o Lun, 09/05/2022 - 11:03Podes descargar un PDF coa explicación de como pagar as taxas da expedición dun título (BACH, FP) aquí: explicacións pago taxas
Aprobada a Concreción Curricular Xeral
Enviado por admin o Mér, 04/05/2022 - 13:49O pasado 3 de maio aprobouse entre o Claustro de profesorado e no Consello Escolar a concreción curricular xeral consonte a Orde do 25/01/22 (avaliación, titulación, promoción, MH).
Pódese acceder ao documento aprobado na seguinte ligazón: Concreción curricular e programacións.
Saída a Barcelona do alumnado de ciencias de 2º bacharelato
Enviado por admin o Lun, 02/05/2022 - 12:38O alumnado de 2º BACH realizou unha saída a Barcelona para visitar o sincrotron ALBA. A única fonte de luz de sincrotrón en España.
Lucía Fasero (2ºBach E) subcampioa galega da Olimpíada de Economía!
Enviado por admin o Xov, 28/04/2022 - 13:14O pasado venres 22 de abril, o IES de Rodeira participou na décimo terceira edición da Olimpíada Galega de Economía na Faculdade de Economía da Universidade da Coruña. Realizaron a proba as alumnas Lucía Fasero e Sheyla Garrido (ambas de 2º de bacharelato E), xunto con outros 130 alumnos de todo o país.
Día contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Xov, 07/04/2022 - 12:07Coma tódolos anos o alumnado do IES de Rodeira saíu á rúa no Día Internacional contra a Violencia de Xénero para dar lectura a un manifesto no que deron voz as 37 mulleres asasinadas polas súas praellas no que vai de ano e pediron que "oxalá a nosa sociedade mande ao exilio por fin aos príncipes azuis. Oxalá queime eses libros que gardan ditos tan antigos como "quen ben te quere ha de te facer chorar". Tamén clamaron por que se "libere ás mulleres que son "putas" por quererse e querer en liberdade. Oxalá que poidamos reciclar todos os filmes e libros que mitifican o amor romántico, ese amor opresor, sinistro e implacábel. Oxalá que as redes sociais, que marcan o noso presente e navegan connosco cara ao futuro, nos liberen de comentarios e comportamientos machistas”.
Musicoterapia con Pedro Campos
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 14:44O pasado mes de marzo alumnado do ciclo de FP Básica de Servizos Administrativos recibiu un taller de musicoterapia impartido polo experto na materia Pedro Campos.