Festa fin de etapa 2º Bacharelato e Ciclos Formativos
Enviado por vicedireccion o Mér, 15/03/2023 - 15:48Festa remate de etapa do alumnado de 2º bacharelato e 2º ano de ciclos formativos, no Auditorio Municipal de Cangas.
Proceso de admisión curso 2023-2024
Enviado por admin o Xov, 23/02/2023 - 14:53Está aberto o período de admisión para todo o alumnado de centros non adscritos que desexe cursar no 2023-2024 no IES de Rodeira. Poden consultar as vacantes en cada nivel, grupo e modalidade, así como a documentación necesaria.
Se queren realizar presencialmente o trámite, poden pasar en horario de secretaría do centro: de luns a venres de 9h00 a 14h00 e os martes das 16h00 ás 19h00.
Alumnado admitido no período de reserva
Enviado por direccion o Xov, 16/02/2023 - 20:34Informamos que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitaron praza para 1º ESO no IES de Rodeira para o curso 2023-2024 foi admitido.
Así mesmo, todo o alumnado que solicitou praza para 1º de Bacharelato dos centros adscritos foi admitido no itinerario solicitado.
Nos taboleiros do instituto publicaranse os listados co alumnado admitido.
Admisión centros adscritos para o 2023-2024
Enviado por direccion o Dom, 15/01/2023 - 20:35RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO
PRAZO: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:
1. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
2. No centro de orixe presentando solicitude en papel
Aberto o prazo de matrícula para a ESO de Adultos (ESA)
Enviado por admin o Mar, 10/01/2023 - 20:00No IES de Rodeira está aberto o prazo de matrícula para 2º e 4º da ESA duranto o prazo do 9 ao 17 de xaneiro.
As clases comenzarán o luns 6 de febreiro en horario de 16:00 a 20:30.
Inscripción ás probas de acceso a ciclos superiores 2023
Enviado por admin o Mar, 10/01/2023 - 19:11O prazo para a inscripción ás probas de acceso a ciclos superiores para o curso 2023 estará aberto entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro.
O requisito é ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación ”Ciclosprobas” (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas) que xerará un documento PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
Bo Nadal e Feliz Ano Novo
Enviado por direccion o Mér, 28/12/2022 - 14:45A comunidade educativa do IES de Rodeira quere desexarlles un Bo Nadal e Feliz Ano Novo.
O centro abrirá para calquera cuestión administrativa que precise os días 3 e 4 de xaneiro, voltando ás aulas con normalidade o luns 9 de xaneiro.
Poden pórse en contacto vía correo electrónico (ies.rodeira@edu.xunta.gal).
Consello Escolar: proclamación candidaturas electas
Enviado por direccion o Dom, 04/12/2022 - 15:45O pasado 1 de decembro, a Xunta Electoral, á vista das actas das mesas electorais de cada sector, proclamou os candidatos electos e suplentes representantes dos docentes, familias e alumnado que se relacionan no documento que se achega.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »