Guía Kiva para familias

Programa antiacoso KiVa

Esta Guía para familias forma forma parte do programa antiacoso KiVa, unha ferramenta baseada en estudos que preven e reduce os problemas relacionados co acoso escolar. KiVa é un programa implementado en escolas que foi desenvolvido polos expertos da Universidade de Turku, en Finlandia.

O propósito desta guía é ofrecer ás familias, en base aos estudos científicos nesta área, información sobre o acoso escolar e recomendacións do que se pode facer na casa e na escola. Sabemos, con certeza, que a cooperación entre o lar e o centro educativo é fundamental á hora de abordar o acoso escolar. Traballemos xuntos!

 

Equipo de convivencia - Kiva

O equipo de Convivencia – Kiva do IES de Rodeira está formado por:

Docente

Responsabilidade

Belén Puime

Coordinadora de Convivencia e Benestar

José M. González

Xefatura de estudos (secundaria)

Rita Estévez

Xefatura de estudos (adultos)

Maite Antón

Xefatura de orientación

Ana Cabezón

Orientadora

Información básica sobre o acoso escolar

Que é o acoso escolar?

As rifas e as discusións non son acoso escolar

Os conflitos e as discusións forman parte das relacións humanas e prodúcense cando as persoas teñen opinións diferentes ou queren cousas distintas. Estamos tan centrados en lograr as nosas propias metas que, en ocasións, non nos lembramos da necesidade de considerar os sentimentos dos demais.

E no grupo de clase acontece o mesmo. Que os rapaces e rapazas teñan discusións e diferenzas é incluso positivo, pois forma parte da vida. Aínda que nos poidan molestar en determinadas ocasións, e resulta incómodo cando se producen, tamén nos fan ver do importante que é xestionar as emocións e ter ferramentas para resolver conflitos por is mesmos, sen que estemos mediando os adultos.

En resumo, as rifas e as discusións diferencianse do acoso escolar en que, polo xeral, son puntuais e momentáneas, e non sempre está dirixido á mesma persoa.

Tomarlle o pelo alguén ou xogar duro non é acoso escolar

Cando se practica un xogo, a intención non é a de facer dano ou insultar aos demais. É importante que todos os individuos participantes recoñezan e acepten a actividade como un xogo.

No entanto, ás veces as palabras e os feitos nunha brincadeira ou un xogo poden facer dano e molestar alguén, e nesas ocasións é preciso abordar a cuestión e pedir desculpas. Nun futuro, ambas as partes deberían evitar ese comportamento que saben que fai dano ao outro. A diferenza do acoso escolar, existe un ambiente de respecto e comprensión mutuo entre as partes que participan en actividades lúdicas.

Noutras ocasións escoitamos iso de "só estamos xogando, non é algo serio". Que facer nestes casos? 

Primeiramente, comprobar que todos os participantes na actividade sintan que é só un xogo. De non estar seguro, fale cos rapaces e as rapazas. Nas situacións pouco claras, podemos falar sobre a diferenza entre xogar e acosar, e facer fincapé en que un xogo é divertido se o é para todos os que participan.

O acoso é cando se fai dano de xeito reiterado e deliberado alguén indenfenso

O acoso acontece cando alguén fai dano de xeito reiterado e deliberado ao mesmo alumno ou alumna. Quen o fai é unha ou varias persoas ante as cales a vítima ten dificuldades para se defender.

Reiteradamente é cando o mesmo alumno ou alumna é a vítima unha e outra vez de actos daniños por parte doutros. O acoso pode durar varias semanas, meses ou anos.

Deliberadaemnte é que o propósito ou o obxectivo dos actos é ferir, facer dano, ridiculizar ou provocar sufrimento. Ás veces, podemos facer dano sen querer. Nestas ocasións deberá resolverse a situación aínda que tal vez non sexa un caso de acoso por definición.

Que a vítima teña dificuldade para se defender significa que, en certo modo, hai un desequilibrio de poder ou forza entre acosador(es) e acosado (vítima). Non só que poida ser débil fisicamente ou tímida, senón que non ten capacidade para enfrontarse á situación de agresión.

Segundo os estudos, até o 20% do alumnado de escolas secundarias poden estar sufrindo acoso. A inmensa maioría non llo contan a ninguén, ben porque teñen medo que vaia a máis o acoso, ben porque xa o contaran e non sentiran axuda ou apoio, ou simplemente por vergoña, xa que admitir que os teus iguais non te aceptan é moi difícil para calquera.

 

 

Comentarios ben intencionados, mais...

Comentarios ben intencionados, mais...

Ademais de afectar á vítima, o acoso escolar tamén afecta ao círculo de familiares, amigos e coñecidos da vítima. Unha vez que o feito sae á luz, posicionarémonos e esforzarémonos para que a vítima se sinta mellor. Xenial! Con todo, ás veces os nosos comentarios poden empeorar a situación e crear ainda máis problemas. Algunhas palabras que se din á lixeira poden evocar sentimentos de vergoña e culpa. A continuación, vemos exemplos de comentarios que se poden escoitar cando se fala do acoso escolar.

"Eu tamén sufrín acoso na escola, mais non me afectou de ningún modo."

Estas palabras adoitan pronunciarse cun ton molesto, como se á persoa que as di seguira a molestarlle os feitos. Aínda que o acoso non lle afectara realmente, planéxase a dúbida de se foi realmente acoso ou, por exemplo, loitas entre dúas persoas ou unha discusión. Para un neno ou nena que sofre acoso, un comentario así pode facerlle entender que está a minimizar o seu problema.

"Non podes deixar que te pisoteen."

Defenderse é algo beneficioso, e é algo que se pode aprender e practicar, pero que sexa algo que se deba aprender nunha situación de acoso é outra cuestión. Acosar é facer dano a alguén que está indefenso ou nunha posición máis débil. Defenderse nunha situación así é moi complicado, e ás veces mesmo imposible. Cando se lle di á vítima que se defenda, a responsabilidade de xestionar a situación recae completamente sobre os seus ombreiros. Pedir axuda non significa que un non sexa capaz de se defender. Máis ben é unha mostra de valor e coñecemento propio nunha situación onde os nosos recursos non son suficientes.

"O acoso forxa o carácter e a capacidade de supervivencia en situacións difíciles."

Os estudos demostran que os efectos a curto e longo prazo do acoso diminúen a capacidade das vítimas para enfrontarse a situacións complicadas. O acoso diminúe a autoestima e a capacidade de confiar nos demais da vítima. Polo tanto, o acoso non mellora a capacidade de alguén para controlar as situacións, e ninguén debería recibir "leccións de forxa de carácter" en forma de acoso escolar. A personalidade e o carácter evolucionan e desenvólvense mellor nunha interacción entre partes baseada na confianza e no respecto mutuos.

"Os paus e as pedras poden facerme dano, pero as palabras resbalanme."

As palabras soltas que se pronuncian, por exemplo, durante unha discusión, bórranse gradualmente da memoria, pero o acoso verbal, que é reiterado e sistemático por natureza, sempre deixa unha marca. A forza destructiva das palabras diminúe a autoestima e o autoconcepto da vítima unha e outra vez, o que supón un risco para o seu benestar actual e futuro.

"Eso non é acoso. Son só nenos xogando e bromeando, non hai que enfadarse por un xogo."

O acoso é unha maneira cruel de facer dano a alguén de maneira verbal, física ou indirecta. O acoso vai máis aló do xogo. O propósito dos xogos e das bromas inocentes é divertirse xuntos, non ferir nin facer dano a ninguén.

Axudar e respaldar á vítima é algo primordial! As persoas que realizan comentarios como os mencionados anteriormente non parecen comprender a natureza básica do acoso e o efecto danoso que produce sobre a vítima. Sufrir acoso é unha experiencia especialmente difícil por dúas razóns. En primeiro lugar, o acoso non é algo puntual ou ocasional, senón unha situación recorrente que pode prolongarse ano tras ano. En segundo lugar, o acoso non ocorre fóra da vida social da clase. Para a vítima, normalmente supón unha perda de dignidade na súa clase e no seu círculo de colegas.

 

Acoso ou pelexas?

O acoso difire das discusións e dos xogos en que o acoso é:

  • deliberado,
  • reiterado e,
  • en comparación co acosador ou acosadora, a vítima está indefensa ou nunha posición máis débil.

Os comentarios dos demais poden facer que a vítima se sinta peor, especialmente se estes comentarios son insensíbeis e activan sentimentos de culpa e vergoña. O acoso non é un xogo inocente, non se sobrevive a el mediante a vinganza, e non forxa o carácter. O acoso é sempre unha violación grave dos dereitos dunha persoa e degrada a súa valía e dignidade humana. Sufrir acoso é un risco para o benestar e o desenvolvemento futuro da vítima e é intolerábel nun centro educativo onde formamos os futuros cidadáns.

Formas de acoso escolar

Formas de acoso escolar

 

O acoso verbal é a forma máis común

 

O acoso verbal inclúe os insultos, bulras, mensaxes ameazantes ou humillacións. Os insultos verbais non deixan marcas físicas, mais impactan negativamente na autoestima e o autoconcepto da vítima, e dana a forma de se ver así mesmos e aos demais. Segundo os estudos, a vítima pode seguir tendo baixa autoestima moitos anos máis tarde e pode perder a confianza nos demais para sempre.

 

O acoso indirecto emprega métodos encubertos para facer dano

O acoso indirecto é cando o acosador ou acosadora e a vítima non se enfrontan necesariamente cara a cara; non sempre se atopan no mesmo lugar cando ocorre o acoso. Pola súa natureza, o acoso indirecto adoita incluír manipulación social; isto é, a persoa acosadora trata de influír nos demais para que eviten á vítima e a vexan cunha imaxe negativa. A manipulación pode manifestarse como a difusión de rumores infundados sobre a vítima que poden minar a súa relación con outros alumnos e alumnas. A vítima do acoso indirecto pode ir notando gradualmente que se está quedando sola na clase e que non ten con quen estar. No peor dos casos, toda a clase lle dá as costas á vítima.

 

 

 

O acoso físico pode dar lugar a procesos penais

 

Os empurróns, os golpes e as patadas son formas de acoso físico. As formas extremas de acoso físico, como a violencia e o abuso severo, non son moi frecuentes aínda que aparezan a miúdo nos medios. Nos casos de violencia física deberíase considerar dar parte ás autoridades.

 

O ciberacoso é unha nova forma de acoso

O acoso pola internet ou teléfono móbil é unha forma de acoso bastante recente. Esta forma de acoso é tecnicamente sinxela; só se necesita facer clicj e premer algúns botóns. O sensación de baixo risco é moi tentador para que alguén faga algo que non faría normalmente. Ás veces, o ciberacoso é anónimo. Coa axuda dun teléfono móbil ou un ordenador, calquera pode difundir rumores, publicar fotos comprometedoras ou información persoal, ou enviar mensaxes de mofa ou ameaza. O acoso escolar adoita limitarse á xornada escolar, pero pola internet un acosador ou acosadora poden contactar coa súa vítima sempre que queiran. A vítima xa non está a salvo do acoso nin sequera na súa casa.

 

 

 

O acoso pode ser visible ou encuberto por naturaleza.

As formas visibles son o abuso físico ou emocional. O acoso verbal é a forma máis común de acoso. As palabras minguan a autoestima e o autoconcepto da vítima e, en consecuencia, a súa maneira de verse a si mesma e aos demais. O acoso indirecto é o tipo de acoso menos perceptíbel. Afecta ás relacións sociais da vítima e, nos peores casos, déixaa completamente illada e sen colegas na clase. As formas de acoso descritas anteriormente limítanse á escola, agás o ciberacoso, que chega á vítima en calquera momento e lugar.

O acoso afecta todo o grupo

O acoso afecta todo o grupo

O acoso non ocorre nun baleiro social. Normalmente, parte do alumnado é consciente do que está a suceder e hai varias testemuñas das accións do acosador ou acosadora. Lamentablemente, moitos deles colaboran ou rinse coas accións do mesmo, transmitindo deste modo que aproban o acoso. Afortunadamente, hai algunhas persoas que se poñen do lado da vítima. Con todo, a maioría non interven nas situacións de acoso, pero manteñense á marxe, e deste xeito aproban en silencio o acoso.

Os estudos identificaron diversas maneiras nas que os espectadores (os que non son acosadores nin vítimas) poden reaccionar ao presenciar o acoso:

  1. Axudar ao acosador ou acosadora. Algúns nenos e nenas tenden a unirse ao acoso e axudan aos cabecillas de distintas maneiras (por exemplo, impedindo que o neno acosado escape da situación; deixando notas desagradables do acosador á vítima; difundindo rumores de que outra persoa comezou).
  2. Reforzar ao acosador ou acosadora. Algúns nenos e nenas achéganse para mirar e rirse, animando aos acosadores con xestos, expresións faciais e palabras.
  3. Aprobar en silencio os actos do acosador ou acosadora. Algúns nenos e nenas retíranse a un lado nas situacións de acoso e fan como se non se decataran.
  4. Defender ao neno ou nena que sofre o acoso. Afortunadamente, algúns nenos e nenas poñense do lado da vítima e tratan de apoiarla. Intentan que pare o acoso ou consolan á persoa acosada en privado.

 O acosador ou acosadora non adoita actuar en solitario.

Adoita ter os seus colaboradores e reforzadores. A vítima pode ter defensores e defensoras, pero a maioría do alumnado retírase a un segundo plano nas situacións de acoso escolar e apróbanas en silencio. O medo e a falta de coñecemento impiden poñerse do lado da vítima. Esquécense do acoso e convértese nunha parte rutinaria do día na escola. O programa KiVa ofrece coñecementos, ferramentas e solucións baseadas en estudos que axudan ao profesorado a enfrontar o acoso e aos alumnos e alumnas a poñerse do lado da vítima de forma segura.

Que provoca o acoso escolar?

Que provoca o acoso escolar?

A pregunta máis habitual sobre o acoso escolar é qué o provoca. A resposta non é sinxela. É culpa do acosador ou da acosadora? Ou talvez da vítima? Do profesorado? Do ambiente na escola? Da sociedade?

O que é seguro é que o acoso nunca está provocado por un único destes elementos. Os factores que incrementan o risco de que alguén se converta nun acosador ou unha vítima son coñecidos. Tamén se demostrou que o acoso ten máis probabilidades de producirse en unhas clases que noutras. Tamén hai diferenzas entre escolas, entre países, etc. En diferentes culturas, hai elementos diferentes que poden incrementar o risco de sufrir acoso. Por exemplo, nos países occidentais, os nenos tímidos e calados adoitan sufrir máis o acoso, mentres que en China estes nenos adoitan gozar dun alto estatus no seu círculo de amigos. Neste sentido, o que se valora en cada cultura tamén inflúe no fenómeno do acoso escolar.

Quen acosa e a quen?

Os estudos demostran que os nenos e nenas con determinadas características son máis propensos a converterse en acosadores. Algúns destes nenos poden ter problemas graves en diferentes apartados da súa vida; pode que teñan unha personalidade agresiva ou que teñan dificultades á hora de sentir empatía polos demais. Sen embargo, é importante comprender que os acosadores adoitan ser nenos e nenas bos e bastante normais que, cando se xuntan, acaban sendo crueis cun membro do grupo.

A visión actual é que unha das principais causas do acoso é a pretensión do acosador ou acosadora de reforzar o seu estatus social ou de gañar poder no grupo. Os nenos e nenas que acasan adoitan ter a necesidade de que se lles vexa e se lles escoite, de que se lles admire e de gañar poder no grupo. Polo tanto, o obxectivo do acoso adoita ser unha criatura ou un adolescente inseguro, tímido, que xa ten un estatus social baixo no grupo ou que ten poucos ou ningún colega. Ao seleccionar este tipo de vítima, o acosador ou acosadora asegúrase de que o grupo non lle faga fronte para acabar co acoso e asegúrase unha vitoria sinxela. Por iso, é incorrecta a creencia habitual de que o acosador é un neno ou nena que ten problemas, con baixa autoestima e que desahoga os seus sentimentos negativos acasando. Hai menores que acosan por diversión, por impresionar aos demais ou simplemente por falta de consideración.

Todas as persoas podemos ser vítimas do acoso nalgún momento. Os estudos identificaron determinadas características e rasgos que aumentan o risco de que un neno ou nena ou adolescente sexa vítima do acoso escolar. Aquí inclúense características visibles, como un físico anormal, ter demasiado/moi pouco peso, torpeza ou problemas de carácter como a timidez, a introversión e a impulsividade. Así mesmo, o alumnado con problemas de aprendizaxe tamén ten un maior risco de sufrir acoso. A timidez, a inseguridade e a baixa autoestima son os indicadores máis comúns de vitimización futura. Non obstante, só se trata dun maior risco, non da certeza de que a presenza destas características vaia desembocar en vitimización en todos os casos e situacións.

Aínda que moitos nenos, nenas e adolescentes acosados son pouco agresivos, retraídos e tímidos, tamén hai brancos que son agresivos. Esta agresividade incontrolada e facilmente "activable" pode aumentar o risco de que se sofra acoso. É posible que un pequeno número de vítimas sexan tamén acosadores e acosadoras, por exemplo, de outros nenos máis pequenos e débiles. Ás veces, resulta especialmente complicado frear o acoso destes acosadores-vítimas. Debido á propia agresividade e comportamento nocivo destes acosadores-vítimas, os seus colegas de clase poden comprender que se lles acose, e incluso o xustifican.

Cando se lles pide aos nenos ou ás nenas que expliquen por que acasan, adoitan dicir que a vítima é "demasiado molesta", rara en situacións sociais, "engreída", que fala demasiado, etc. Sen embargo, é importante comprender que o acoso sempre é algo malo, que é irrespetuoso e que ninguén o merece. Se o comportamento de alguén nos molesta ou nos enfada, hai que decírllo; o acoso non é a solución.

Ademais das características persoais de cada individuo, hai outros moitos factores de grupo que inflúen no acoso. Espérase que a persoa co rol de acosador se comporte de certa maneira. En outras palabras, cando alguén actúa en función do seu rol, está a responder ás expectativas doutras persoas. Por exemplo, se o acosador ou acosadora lles dá a todos "unha demostración de acoso", pode sentirse máis dentro do grupo, e que está a actuar de acordo coas expectativas dese grupo. Ademais das expectativas de roles, os actos de acoso tamén están influídos polas normas a favor ou en contra do acoso na clase, e pola cultura xeral da escola. En determinadas clases ou escolas, observouse que os factores individuais específicos que poden aumentar o risco de sufrir acoso non predicen a vitimización despois de todo. É dicir, que o acoso nestes casos pode ser o resultado de normas de grupo que o respaldan, en lugar de oporse a el. Polo tanto, aínda que determinados factores poden incrementar o risco de vitimización por parte do alumnado, non garanten que vaia sufrir acoso. As normas dentro dun grupo (unha clase ou unha escola) son importantes á hora de entender por que se produciu o acoso.

Cando consideramos a influencia do grupo sobre os actos do acosador, o obxectivo non é eliminar ou reducir a responsabilidade da persoa (do acosador ou acosadora) polas súas accións, senón ver o acoso escolar como un fenómeno no que inflúen outros factores máis alá das características individuais do que acosa. Estas cuestións abordaranse nas leccións de KiVa, pero tamén poden falarse en casa.