Skip to Content

Novas, Histórico

O PROXECTO ETWINNING DO CENTRO RECIBE O SELO DE CALIDADE EUROPEO

O proxecto eTwinning Aprendizaje interdisciplinar en tiempos de COVID-19que recibira o Selo de Calidade Nacional no mes de xuño, ven de acadar o Selo de Calidade Europeo.

O proxecto foi desenvolvido durante o curso 20/21 polo IES de Poio, o Agrupamento de Escolas de Muralhas de Minho de Valença e o IES Iturrama de Pamplona. No IES de Poio participou alumnado de Latín de 4ºESO C e alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional de 4º ESO D. Nos tres centros escolares traballaron entre dous e tres docentes de diferentes materias, pois o proxecto buscaba unha abordaxe multidisciplinar.

Os seus obxectivos foron:
  • Mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística, así como a competencia en ciencia e as competencias sociais e cívicas.
  • Traballar medidas e hábitos de prevención fronte á COVID 19.
  • Profundizar no coñecemento e difusión dos protocolos COVID dos centros escolares.
  • Estudar o impacto emocional da crise sanitaria.
  • Crear entornos dixitais seguros para a ensinanza multidisciplinar en liña das diferentes materias implicadas no proxecto.
 
Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de logo para o proxecto, organizados en grupos nacionais traballaron os protocolos COVID dos seus centros e elaboraron carteis informativos.
 
Entraron logo na fase de formación de equipos internacionais, organizándose tras unha fase de traballo en foros e elixindo os nomes dos equipos.
 
Unha vez formados os grupos internacionais, cada grupo elaborou preguntas para os distintos bloques dun cuestionario sobre o impacto emocional da crise sanitaria. Foron publicadas as respostas e tamén se traducíu o cuestionario a galego, portugués e esuskera e se pasou nos centros escolares.
 
Pasouse logo á fase de traballo multidisciplinar das materias do proxecto con escape rooms. Estes escape rooms foron creados polos equipos internacionais en tres fases: creación colaborativa das historias, creación das probas e enigmas e, por último, entrouse na fase de xogo dos escape.
 
Levouse a cabo unha avaliación inicial sobre as competencias clave traballadas no proxecto e ,unha vez rematado, unha avaliación final para analizar a mellora na súa adquisición.

O proxecto foi avaliado por alumnado e profesorado e se publicaron tanto os resultados como unha análise dos mesmos.

Esta é a ligazón ao Twinspace do proxecto.

 

 

 

 

Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

PROGRAMA ETWINNING 2020/2021

O noso centro participa un ano máis no programa eTwinning.

Este ano toma parte o grupo de Latín de 4º ESO C e o grupo de Ciencias aplicadas á actividade profesional de 4º ESO D.

O título do proxecto é "Aprendizaje multidisciplinar en tiempos de COVID". O proxecto desenvolverá un primeiro bloque de actividades orientadas a traballar de modo transversal a educación para a saúde, incidindo no coñecemento e publicidade dos protocolos escolares fronte á COVID. Un segundo bloque de actividades abordará desde unha perspectiva multidisciplinar o estudo de terminoloxía científica partindo da súa etimiloxía grega.

Esta é a ligazón na que se pode seguir: https://twinspace.etwinning.net/125217/home

No seguinte vídeo tamén tedes a presentación do proxecto:

Equi-eTwinning

 

O alumnado de 3º da ESO de Cultura clásica está a traballar este curso nun proxecto eTwinning en colaboración con centros de Valença e Pamplona.

Este proxecto busca traballar a cuestión da igualdade de xénero a partir do estudo e reflexión sobre prototipos, roles e modelos na Antigüidade clásica, coa preparación de cuestionarios e o estudo dos seus resultados.

Os obxectivos principais do proxecto Equi-eTwinning consisten en realizar un enfoque interdisciplinar para a igualdade de xénero, promover habilidades sociais nos estudantes tales como a colaboración, o respecto, a tolerancia e a solidariedade así como traballar na adquisición e mellora de competencias clave.

Dada a proximidade dos centros galego e portugués, foi posible organizar dúas visitas entre os socios para coñecerse e levar a cabo xuntos actividades colaborativas relacionadas co tema do proxecto.

O luns 13 de xaneiro de 2020 realizouse unha visita de alumnado e profesorado do IES Poio ao Agrupamento de Escolas dás Muralha do Miño de Valença. No instituto realizamos diferentes actividades, entre outras, un traballo colaborativo en grupos internacionais sobre Mulleres científicas ou unha visita á Fortaleza da cidade.

O martes 28 de xaneiro de 2020 tivo lugar a visita do alumnado e profesorado do Agrupamento de Escolas dás Muralha do Miño de Valença ao IES de Poio. No curso desta visita o alumnado portugués e galego do proxecto realizou unha visita ao Mosteiro de Poio e foi recibido polo alcalde no concello de Poio. No instituto levamos a cabo unha videoconferencia co centro escolar de Pamplona, fixemos unha sesión de difusión do proxecto Erasmus OPTIME e o alumnado asistíu a unha charla do CIM na que lle informaron sobre diferentes actividades que realiza o Centro de Información á Muller de Poio. Pola tarde visitamos Combarro.

Agradecemos a colaboración do Concello de Poio na organización das actividades.

Poden verse estas e outras actividades do proxecto nas páxinas do Twinspace:

https://twinspace.etwinning.net/93271/home

 

 

Colaboración entre o Concello e o IES de Poio en proxectos europeos.

A Concelleira de Educación Raquel Rodríguez mantivo unha reunión coa directora do IES de Poio para tratar o tema da colaboración entre o Concello de Poio e o instituto en materia de proxectos europeos eTwinning e Erasmus+.

O IES de Poio ven participando desde o curso 2009/2010 en proxectos europeos eTwinning tengo obtido Selos de Calidade Nacioanais e Europeos así como dous Premios Nacionais e un Premio Europeo.

Asimesmo o IES de Poio foi seleccionado para dous proxectos de Asociación escolar Erasmus+. O segundo deles, OPTIME; está a desenvolver o segundo ano de actividade. 

O Concello colabora desde o comezo en actividades dos proxectos eTwinning e Erasmus+ así como en materia de difusión.

A Concelleira visitou a un dos grupos que traballa este ano nun proxecto europeo,  o grupo de Cultura clásica de 3º de ESO que lle presentou o seu proxecto Equi-eTwinning.

Selo de Calidade Europeo eTwinnning

 

O proxecto europeo eTwinning desenvolvido polo alumnado de Latín de 4º ESO durante o curso 2018/2019  que tiña acadado o Selo de Calidade Nacional, ven de ser distinguido co  Selo de Calidade Europeo.

No proxecto participaron o IES de Poio e centros de Poloña, Italia, Francia, Islandia así como doutras comunidades do noso país.

O proxecto europeo eTwinning desenvolvido polo alumnado de Latín de 4º ESO durante o curso 2018/2019 ven de ser distinguido co Selo de Calidade Nacional.

O proxecto europeo eTwinning desenvolvido polo alumnado de Latín de 4º ESO durante o curso 2018/2019 ven de ser distinguido co  Selo de Calidade Nacional.
No proxecto participaron o IES de Poio e centros de Poloña, Italia, Francia, Islandia así como doutras comunidades do noso país.

PROXECTO eTwinning do alumnado de Latín de 4º

 

Durante o curso 2018/2019 o alumnado de Latín de 4º de ESO estivo a desenvolver un proxecto eTwinning en colaboración con centros de Polonia, Francia, Italia, Islandia, Cantabria e Albacete.

O proxecto desenvolveu no alumnado competencias clave, en especial as competencias lingüística, dixital, social e cívica e de conciencia e expresión culturais.

A lingua de traballo foi o español, dado que o alumnado dos outros países está a estudar esta lingua. Traballouse tamén vocabulario nas linguas maternas e en latín.

Sendo a gastronomía e os hábitos saudables o tema do proxecto Viva el arte culinario y la vida sana, o alumnado traballou con textos do autor latino Apicio , recollidos na súa obra De re coquinaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut