Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Infórmase ás familias de que con data de 12 de novembro publícase a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centro privados concertados no curso 2021/2022.

 

Segundo a devandita orde, entregaranse máscaras ao alumnado matrículado na ESO:

 

1. Que fose beneficiario do cheque para adquirir material escolar. Este alumnado levará a folla de recepción de máscaras para a casa e deberá ser asinada polos/as representantes legais. Cando o alumnado devolva ese documento na Administración do centro educativo, xa recollerá as máscaras que lle correspondan.

 

2. Que non fose beneficiario do cheque para adquirir material escolar, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€ ou estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha disapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. Este alumnado deberá presentar no instituto o anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no portal educativo www.edu.xunta.gal ou no centro educativo. O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles contados a partires do 12 de novembro.

 

Para máis información poden consultar a Orde.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Ao abeiro da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP, o vindeiro luns 22 de novembro celebraranse as eleccións de membros do Consello Escolar do IES de Poio.

O sorteo para a constitución das mesas electorais terá lugar o 17 de novembro ás 12.30h perante as persoas integrantes da Xunta Electoral.

As votacións dos diferentes sectores terán lugar o luns 22 de novembro no seguinte horario:

- ALUMNADO: 09-14h

- REPRESENTANTES LEGAIS DO ALUMNADO: 15-19h

- DOCENTES: 12.30h-13.00h

- PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: 14-15h

Lémbrase a todas as persoais integrantes da comunidade educativa que os censos electorais están á súa disposición no taboleiro de Administración e poden consultarse de 09 a 14h. O prazo para a presentación de candidaturas remata o martes 16 de novembro.

O PROXECTO ETWINNING DO CENTRO RECIBE O SELO DE CALIDADE EUROPEO

O proxecto eTwinning Aprendizaje interdisciplinar en tiempos de COVID-19que recibira o Selo de Calidade Nacional no mes de xuño, ven de acadar o Selo de Calidade Europeo.

O proxecto foi desenvolvido durante o curso 20/21 polo IES de Poio, o Agrupamento de Escolas de Muralhas de Minho de Valença e o IES Iturrama de Pamplona. No IES de Poio participou alumnado de Latín de 4ºESO C e alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional de 4º ESO D. Nos tres centros escolares traballaron entre dous e tres docentes de diferentes materias, pois o proxecto buscaba unha abordaxe multidisciplinar.

Os seus obxectivos foron:
  • Mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística, así como a competencia en ciencia e as competencias sociais e cívicas.
  • Traballar medidas e hábitos de prevención fronte á COVID 19.
  • Profundizar no coñecemento e difusión dos protocolos COVID dos centros escolares.
  • Estudar o impacto emocional da crise sanitaria.
  • Crear entornos dixitais seguros para a ensinanza multidisciplinar en liña das diferentes materias implicadas no proxecto.
 
Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de logo para o proxecto, organizados en grupos nacionais traballaron os protocolos COVID dos seus centros e elaboraron carteis informativos.
 
Entraron logo na fase de formación de equipos internacionais, organizándose tras unha fase de traballo en foros e elixindo os nomes dos equipos.
 
Unha vez formados os grupos internacionais, cada grupo elaborou preguntas para os distintos bloques dun cuestionario sobre o impacto emocional da crise sanitaria. Foron publicadas as respostas e tamén se traducíu o cuestionario a galego, portugués e esuskera e se pasou nos centros escolares.
 
Pasouse logo á fase de traballo multidisciplinar das materias do proxecto con escape rooms. Estes escape rooms foron creados polos equipos internacionais en tres fases: creación colaborativa das historias, creación das probas e enigmas e, por último, entrouse na fase de xogo dos escape.
 
Levouse a cabo unha avaliación inicial sobre as competencias clave traballadas no proxecto e ,unha vez rematado, unha avaliación final para analizar a mellora na súa adquisición.

O proxecto foi avaliado por alumnado e profesorado e se publicaron tanto os resultados como unha análise dos mesmos.

Esta é a ligazón ao Twinspace do proxecto.

 

 

 

 

Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

TITORÍAS 2021/2022

Grupo

Titor/a

1º ESO A

Victoria Estévez González

1º ESO B

Yolanda Fojo Lage

1º ESO C

Salomé Bailón Redondo

1º ESO D

Víctor Alonso Macías

1º ESO E

Celia Couso Miguélez

2º ESO A

Tania García Conde

2º ESO B

Mª Isabel Gutiérrez Matilla

2º ESO C

Irene Ramos González

2º ESO D

Antonio López Pérez

3º ESO A

Carlos Torrado Alonso

3º ESO B

Lucía Mosquera Novoa

3º ESO C

Sergio Piñeiro Fernández

3º ESO D

Ainara García Doval 

4º ESO A

Mercedes Noya Souto

4º ESO B

Carmen Fernández Vázquez

4º ESO C

Patricia Sóñora Rey (subst. Pilar Otero Magdalena)

4º ESO D

Paula Penedo García

1º BAC A

Beatriz Cela Roca

1º BAC B

Laura Fernández Sasiaín

2º BAC A

Montserrat Bragado Trigo

2º BAC B

Maider Rodríguez Puy

Ciclo Medio

Carlos Besada Rico

Distribuir contido


by Dr. Radut