Skip to Content

Visita o 'CITIUS'

Escola embaixadora do IES DE POIO de visita no CITIUS

    O grupo de 4ESO A, como participante no proxecto Escola Embaixadora da Unión Europea, e alumnado de 4º ESO B e C de ciencias, o 14 de Xaneiro foron de excursión ao CITIUS , Centro Singular de Investigación en Tecnoloxía da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Despois de traballar na aula sobre o labor do Fondo Social Europeo, o grupo puido coñecer que tipo de proxectos están a desenrolar neste centro cofinanciado pola UE a través do mesmo.
    Dende como unha inxeñeira informática fixo un programa para poder contar células de un tipo concreto a unha gran velocidade, o que pode ter moitas repercusións nos campos da bioloxía e da mediciña, ata como analizar os datos do láser LIDA para poder atopar onde aterrizar helicópteros de emerxencia. O que máis lle gustou os alumnos foi poder usar os robots cos que están a traballar no centro.
    Para acabar esta xornada na USC, o grupo tivo a honra de ser recibido na Facultade de Matemáticas pola Sra. Decana Da. Elena Vázquez Cendón. Nesta charla, as alumnas e alumnos do centro poideron coñecer a oferta educativa desta facultade. Ademais, puideron coñecer de primeira man o papel dos “big data" na nosa sociedade e o porqué da gran demanda dos dobres graos ofertados por esta facultade.



page | by Dr. Radut