Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

2ºBAC

Charla con antigas alumnas (I)

 As antigas e brillantes alumnas do centro Silvia García e Fátima García informaron, esta mañá, ao alumnado actual de 2.º Bacharelato, sobre o plan de estudos e saídas laborais dos graos de Química e Biblioteconomía, respectivamente. Cremos que foi un momento emotivo para elas e, asemade, útil para transmitir de primeira man a información e vivencias académicas.

Trátase dunha experiencia que terá continuidade con outros antigos alumnos dentro do plan de orientación e os actos internos do 25 aniversario. Grazas por compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 


Apuntes contaminación hídrica, desalación, acuiferos e recursos hídricos

Adxunto os apuntamentos dos temas que veñen no encabezado. O exame será o 1 de febreiro e inclúe as definicións do tema 3 segundo a CIUG (http://ciug.cesga.es/PDF/directricesxeooct12.pdf), o comentario dun hidrograma (ven no libro) e os afluentes do Ebro e o Guadiana. Ese día tedes que entregar un traballo sobre o cambio climático que ten que usar máis de catro fontes (serias e extensas), presentarse a ordenador cunha redacción e formato unificados e indicando detalladamente como se empregaron as fontes. O exame do tema 4 será o día 15.

Alumnado do IES Mugardos na Olimpiada Matemática

   O sábado 12 de xaneiro, GORETTI ARIAS FERREIRO  e  JAVIER RODRÍGUEZ LAMAS, alumnos de 2º de bacharelato B, participaron na fase autonómica da Olimpiada Matemática Española nunha longa xornada de intenso traballo matemático dividida en dúas sesións  -de máis de tres horas de duración cada unha delas-  nas que tiveron que enfrentarse a seis problemas moi complicados.

  A dirección do centro quere agradecer a Goretti e a Javier o seu esforzo que permite ao IES Mugardos  estar presente un ano máis  nesta importante actividade matemática.  Os resultados da proba non se coñecerán ata dentro dunha semana.

A punto de comezar a primeira sesión

Repoñendo forzas con outros olímpicos

Final do traballo

Os problemas da primeira sesión

E os da sesión da tarde

Vocabulario temas 3, 4 e 5

Este é o vocabulario citado (aparte das dúas definicións que dictei). As definicións son as que veñen na pax. da CIUG nos temas 3, 4 e 5.http://ciug.cesga.es/PDF/directricesxeooct12....

Traballos para o Nadal

Estes vídeos son para ver con calma e resumir co maior detalle posible. Ademais, tedes que engadir unha análise de non menos de seis liñas no que criticades algunhas imaxes, sucesos, datos, personaxe, a música, duración total ou de partes, etc. Tamén debedes incluir unha opinión persoal de igual eztensión MÍNIMA na que opinades sobre os mesmos puntos. Deben entregarse na primeira clase á volta. Lembrade que son parte dos 2 puntos da avaliación que supoñen os traballos.

Demografía e crise económica.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/15/actualidad/1350301014_180...

Análise,opinión razoada e resumo.Para o luns 19 de novembro.

A industria en España(II)

http://economia.elpais.com/economia/2012/10/13/actualidad/1350151489_044...

 

Descripción, opinión e análise para o luns 5 de novembro. Canto máis detallado maior.

Dats exames 1ª Avaliación

Tema 1-30 de outubro

Tema 2-26 de novembro

Tema 3-17 de decembro

Preguntas orais (25% da nota) unha semana antes de cada exame.

PPT-formas de modelado-preparación de exame

http://www.slideshare.net/sergisanchiz/geo-01-c-el-espacio-geogrfico-esp...

Debedes describir co máximo detalle as imaxes e explicacións.

Preguntareino o día 26 venres.

Exerccios para o luns 22

-         Qué cordilleiras teñen unha parte paleozoica e outra cenozoica? Cales?

-         Enumera os picos máis altos de cada cordilleira.

-         Que partes da Península estiveron ocupados recentemente polo mar?

-         A cal das tres Españas litorais pertence a depresión intrabética?

-         A que oroxénese pertencen as margas? E os gneis?

-         Descripción mapa p. 26: cordilleiras  (provincias e CCAA ,dirección e partes), forma e extensión das costas (mares que os bañan, cabos, provincias e CCAAs). Arquipélagos (situación das illas por puntos cardinais, tamaño relativo)

-         P.31: que importancia ten que unha cordilleira pertenza a unha ou outra área?

-         Que cordilleiras pertencen a cada área?

-         Que é o que  atopamos en case tódalas áreas arxilosas? Xq?

-         Compara as formas da paisaxe dos fotos da p.28 e explica as causas.

-         Ex. 13, 16 e 25,26, 28, 30 e 31

-         Fai un debuxo espquema sobre un mapa aprox, das cordilleiras exteriores da Meseta, aportando datos como materias predominantes e nomes de cada zona.

-         Que teñen en común Pirineos, CC Catalá e S.S. Bético?

-         Por que ten unha altitude media tan elevada a península?

-         Qúe macizos formados na era primaria desapareceron? Que restos hai deles?

-         Que concas hidrográficas hai en cada submeseta?

-         Que ríos nacen no sistema Ibérico? Pax. 91

-         Que 3 sistemas montañosos teñen 3 ptes?. Qué 3 ptes son? Descríbeas.

-         Cara onde estaba basculada a Meseta na era secundaria? Qué importancia Ten?

-         Que é un horst? E un pónor?

-         Qué divide a submeseta sur?

-         En que cordilleira está a serra de Gredos?

-         Que submeseta é máis alta?

-         Que partes da meseta son graben? 

-          Facer un esquema das unidades do relevo .

-         Define: badland, cluse, galayo, pónor, dobra, graben, oroxénese, axente erosivo

-         Enumera tódolos tipos de pedra citados e reúne o que se di deles

-         Cal é a diferencia fundamental entre relevo apralachense e xurásico?

-         Qué é un cerro testemuña?

-         Qué son os galaios?

-         Que áreas volcánicas hai na península?

-         Que materias son propias de cada oroxenia e da era cuaternaria?

-         Por quedicimos que España é unha encrucillada?

-         De que era son os materiais peninsulares fracturados e de cal os pregados?

-         Ex 36,37,39 e40

-         Que tipos de rochas se crearon na oroxénese herciniana?

-         En que área xeolóxica están presentes as covas?

-         Que submeseta é máis elevada?

-         Que son os mallos?

-         Onde están os Picos de Urbión?



 

A industria do automovil

http://economia.elpais.com/economia/2012/10/05/actualidad/1349457705_177...

Tedes que resumir e comentar este artigo. Para iso debedes dar a vosa opinión detallada sobre tódolos datos, valorar a importancia da noticia, seleccionar o máis e o menos importante, advertir se a información é novedosa/sorprendente e en que gradofacer comparacións, deduccións, etc. En resumo, pararse a pensar na noticia.

Promoción 2010-2012


2º. BACHARELATO. Promoción 2010-2012

Visita do reitor da USC

A rendabilidade do AVE

Exercicio para 2º de Bacharelato. comentario CRÍTICO E RAZOADO do artigo, baseando as informacións no artigo con citas.

http://lamilana.wordpress.com/2010/12/24/nuevo-ave-valencia-madrid-hagam...

Paisaxes agrarias de España

Como visualizamos os diferentes espazos de España? Algo máis que o que vemos den de a ventanilla do coche ou do avión. Así o viron José e Anais.

PCPI+ Ciclos Formativos

Presentación resumida da nova normativa dos PCPI e, a partir da páxina 14, información sobre os Ciclos Formativos de Formación Profesional.

DESCARGAR AQUÍ

Traballos para o Nadal: Arte 3

Third and last video. We´ve seen the picture last year in history class. Hope you like it.

Traballos de Nadal: Arte 2

Para facer o mesmo que coa Primavera. Unha obra maestra.

Traballos de Nadal: Arte 1

Para resumir nunha carilla e media/dúas con boa letra e unha análise crítica ben razoada e con máis de catro liñas de extensión. A obra é moi coñecida e foi popular outros anos. Espero que vos guste.

 

Distribuir contido