Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Viaxe a Barcelona (4.º ESO)

Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)

O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.

Galería de imaxes


Campionato provincial de Orientación

     

O pasado xoves participamos no
Campionato escolar provincial de orientación
nas instacións de Acea da Ma (Culleredo).

Esta disciplina deportiva está a ser todo un
descubrimento para o noso alumnado que
durante este curso xa puido practicar varias
tardes dos martes na Pedreira.

Salientamos a obtención de medalla de
bronce para a alumna Sara Salido na
categoría infantil.

Parabéns a todos e todas.

CANGURO MATEMÁTICO 2015

 

 

O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga  o que provocou que  non asistiron 18 dos 62 inscritos.

A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida,  desenvolveuse con moita seriedade e concentración  polo que toca felicitar aos participantes.

A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado  ¡máis de 7 millóns!

Preme na imaxe para xogar na rede:

Rifas pro-excursión fin de curso (4.º ESO)

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do 19 de marzo, o número premiado foi o

8647

Parlamento Xove, 2015

Boa participación na edición deste ano do Parlamento Xove, a competiciòn de oratoria patrocinada pola Direccón Xeral de Xuventude.

Aínda que quedamos ás portas de clasificación para a final, tanto o equipo da ESO como o de Bacharelato acadaron moi boas puntucións nos debates. Parabéns aos participantes e coordinadores.

Obradoiro de Química (Programa de Mellora - 2.º ESO)

O luns, 2 de febreiro, desenvolveuse unha nova actividade do Programa de Mellora. Os alumnos de 2.º ESO inscritos puideron realizar tres experimentos no laboratorio de química, guiados pola profesora Teresa Rodríguez.

Electrólise da auga

Sierpinski Carpet Project


Alumnado de 3.º ESO participante no proxecto  -  Ligazón a Ferrol 360º
Páxina 5th iteration of the Sierpinski Carpet Project - Galicia

Deporte Escolar. Encontro co IES Saturnino Montojo

Dentro das actividades deportivas do mes de xaneiro, este  martes recibimos a visita do alumnado do IES Saturnino Montojo co que celebramos o tradicional encontro deportivo. Foi unha boa mañá de deporte e compañerismo.

Construción dun hipercubo (Programa de Mellora - 2.ºESO)

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron as actividades do programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia correspondente ao alumnado de 2º ESO. Nesta primeira sesión a profesora, a profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes adentrounos na comprensión da cuarta dimensión a través da construción dun hipercubo.

A vindeira sesión estará dedicada á oratoria. (Ver Programa con datas non definitivas).

 

 

Fotos na Galería

      
 

 

 

Sorteo da cesta de Nadal da cafetaría

Segundo as bases do sorteo, o agraciado coa cesta de Nadal foi o alumno Martín S. de 1.º ESO.

Moitas grazas aos rexentes da cafetaría, Yéssica e Luis, pola excelente xestión do local nestes primeiros meses.

Tarxetas de Nadal de 1.°ESO

Campionato de dodgeball

Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"

Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.

 

 

Pulseiras solidarias no Día do Voluntariado (5 de decembro)

No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), o alumnado de 1.º ESO participou na actividade impulsada pola Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES). A primeira hora contactaron con outros centros da rede por videoconferencia e durante os recreos venderon as pulseiras confeccionadas por eles mesmos. Recadaron en total 82 euros que, logo de varias propostas analizadas na clase de Atención Educativa, se doarán a UNICEF.

 

   

 #PulseiraSolidaria

Tarde de cine coa Esmorga

Alumnado de 4.º ESO coa profesora Isabel S. na proxección da versión cinematográfica d'A Esmorga.

Celebración do magosto

O venres, 14 de novembro, celebramos o magosto co tradicional reparto de cucuruchos de castañas asadas por xentileza da ANPA O Castro, a quenun ano máis agradecemos a súa colaboración.

E a continuación, a xincana organizada polo alumnado de 1.º BAC para os de 1.º e 2.º ESO.

   

Vídeos e cabazas polo Samaín

 

Reportaxe III Premio Estudo e Deporte

Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.

MATERIA SETEMBRO CIENCIAS SOCIAIS 3º ESO

 

TEMA 1

PUNTOS 1 (PÁXINA 14), 3 (PÁXINA 16-7), 6 (20), 7 (21), 9 (22-3)

 

TEMA 2

PUNTOS 1 (28), 3 (30), 6 (32), 7 (32)

 

TEMA 3

PUNTOS 4 (52), 6, 7, 8 (56 OS TRES)

 

TEMA 5

PUNTOS 2 (86), OS IMPOSTOS (89), O PARO (93)

 

TEMA 6

PUNTOS 1 (100), 3 (102), 6 (104-6) E 7 (107-8)

Bestiario Fantástico

Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.

Xornada de Emerxencia en Mugardos

Esta mañá, o campeiro da Pandoira foi escenario da Xornada de Emerxencia para todo o alumnado dos colexios e instituto de Mugardos. Participaron Policía Local, Garda Civil de Tráfico, helicótero da DGT, Axega, Protección Civil de Muxía, Bergondo e Mugardos e o GES de Mugardos.

III Premio Estudo e Deporte

Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
 
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
 
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:

PRIMEIROS PREMIOS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Fátima Cancela González

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Christian Rubianes Leyva

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Lupa Pérez Ruiz

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rodríguez Vilaboa

Club de Golf Campomar

BAC-PCPI

Cristina Reborido Gómez

Club do Mar de Mugardos

BAC-PCPI

Martín Pérez Sarmiento

Club Fútbol Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:

PREMIO ESPECIAL

ESO 3-4

Sara Vázquez Rumbo

 ESK Narón

ESO 3-4

Joao Pedro Moreira Dos Santos

 Racing Club Ferrol

 

 

 

 

 

Ademais outorgáronse as seguintes mencións:

MENCIÓNS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Andrea Marcos Paradela

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Alba Pérez García

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Miguel Fernández Rodríguezl

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Borja Pita Seone

Racing Club Ferrol

ESO 3-4

Marica  Otero

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Mercedes Pereira Rodríguez

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rañales Pérez

Tiro con arco. Ares Arco

ESO 3-4

Jorge Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

ESO 3-4

Sergio Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

BAC-PCPI

Inés Sánchez Castro

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Paula Oliveira Sánchez

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Carlos López Vilasánchez

Racing Club Ferrol

BAC-PCPI

Marcelo Couce Barbeito

Fútbol Numancia

Marcha ciclista Concello de Mugardos

Poucos, pero cumpridores, os ciclistas de 1.º e 2.º ESO realizaron esta mañá a tradicional marcha ciclista organizada polo Concello de Mugardos para todos os centros educativos do municipio. Velaquí antes de emprenderen o percorrido ata Chanteiro.

Anuncios publicitarios (1.º ESO)

Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.

Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:

Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido

Distribuir contido