Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

Informática

ESCALA NA ESCOLA. UNHA SESIÓN MOI ESPECIAL

 

A 5ª sesión do Programa de Excelencia “Escala na Escola” foi realmente espectacular. Estreamos en público a impresora 3D adquirida polo instituto. Para iso contamos coa plana maior da exitosa Escola de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI), da Universidade de Coruña, formada por Álvaro Deibe Díaz, enxeñeiro industrial e secretario da EUDI, Pablo Fernández Galdo, deseñador industrial e xefe AEVF e José Ramón Méndez Salgueiro, director da EUDI. Impartiron a sesión: “Do deseño dixital á realidad tanxible con impresión e escaneado 3D”.

A aula de tecnoloxía do IES Mugardos encheuse co alumnado habitual do programa de excelencia e con outros alumnos e profesores do IES Mugardos que descubrimos asombrados o entusiasmo, a calidade e a alegría con que se traballa na EUDI. Vimos vídeos e imaxes do traballo do alumnado desta escola, dos premios que recibiron e da implicación da EUDI no mundo industrial, especialmente no sector do automóbil.

Ademáis aprendemos do presente e o futuro da impresión 3D e recibimos obsequios de chaveiros realizados en impresión 3D co nome IES Mugardos.

Finalmente asistimos á primeira impresión da nosa  BQ PRUSA i3 HEPHESTOS, que ben podemos cambiarlle o nome polo de Eudía polo bonita e ben preparada que nos chegou.

Non temos palabras para agradecer todo o que nos aportaron José Manuel, Pablo, Álvaro e Ahitor pero esperamos que se sentiran a gusto no IES Mugardos e que se foran coa sensación de que aquí deixaron unha fonda pegada.

  
 

Renovación do equipamento informático

A ANPA "O Castro" vén de realizar unha doazón ao centro para a actualización do equipamento do centro consistente na adquisición de oito monitores para a Aula de Informática e dous ordenadores: un para a Aula 5 e outro na Sala de Profesores.

Este investimento únese á dotación da Consellería de cinco kits dixitais (portátil, canón e pizarra dixital) instalados durante as vacacións de Nadal.

Ademais, tamén se actualizou recentemente o cableado da liña telefónica que nas próximas semanas se concretará no cambio do número de teléfono do centro.

Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.

Distribuir contido