![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades EDL
Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)
Enviado por admin o Ven, 25/11/2016 - 17:32AUTORA: Noa Martínez Fariña (4.º ESO)
Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)
Enviado por admin o Ven, 25/11/2016 - 17:04AUTORA: Carolina (1º bacharelato)
1:10 minutes (2.68 MB)
Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)
Enviado por admin o Ven, 25/11/2016 - 16:57AUTOR: Birama (1.º bacharelato)
3:23 minutes (3.1 MB)
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 18:37Gravación de varias estrofas do poema inicial de Cantares Gallegos realizada polos alumnos e alumnas de 1.º ESO-B no día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 2016.
Tradución da "Negra sombra" por Nadine, auxiliar de conversa no programa CUALE:
1:08 minutes (1.07 MB)
Celebración do magosto
Enviado por admin o Dom, 22/11/2015 - 18:05Actualización:
Diplomas aos equipos da xincana deportiva.
Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Samaín, 2015
Enviado por admin o Xov, 29/10/2015 - 11:32- Primeira produción audiovisual do "Obradoiro de teatro" de 1.º bacharelato:
- Venda de comida e bebida para a excursión fin de curso (4.º ESO):
- Entrega dos premios do xa tradicinal concurso de cabazas convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. O xurado tivo dificil labor para elixir as obras de arte gañadoras.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Samaín
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 21:55
CONCURSO de CABAZAS 1. Pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (non os seus familiares). 2. Repartiranse cabazas nos recreos do luns 26 e do martes 27 na entrada do centro. 3.Só se pode presentar unha cabaza por participante, que pode ser unha persoa ou un grupo (un máximo de 3 alumn@s). 4. Cada “obra” deberá ter un nome en galego e ir acompañada dun texto no que se explique como xurdiu a idea e cal foi o proceso de creación (mínimo 10 liñas). 5. Das cabazas transformadas valorarase: * a orixinalidade (do nome e da peza) e * o coidado con que foi feito o traballo (tanto o manual como a redacción do texto explicativo). 6. As cabazas transformadas deixaranse no expositor da entrada a partir do martes 27de outubro. 7. Entregarase en Conserxería un sobre pechado no que figure por fóra o nome da cabaza. E dentro indicara(n)se o(s) nome(s) e o curso do(s) participante(s). 8. O xoves 29, durante o primeiro recreo, o xurado escollerá aos gañadores. 9. Serán membros do xurado dous profesores, dous alumnos e outra persoa do centro. 10. Haberá dous premios para cada modalidade de participación (individual e en grupo). 11. Os premios incluíran vales para a cafetería e un agasallo sorpresa. 12. Os gañadores daranse a coñecer no Salón de Actos o xoves día 29 no segundo recreo. Organizan: VICEDIRECCIÓN e EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA |
Estrea teatral de "Derrota en Kioto" (Os Dramáxicos)
Enviado por admin o Mér, 03/06/2015 - 22:04O grupo de teatro Os Dramáxicos, formado por alumnado de 4º.ESO E 1º BAC, estreou este luns a obra titulada "Derrota en Kioto". Con guión orixinal do propio grupo e unha coidada posta en escena dirixida pola profesora Ofelia Lubián, presentaron a obra no marco do Certame de Teatro Candilejas. A representación tivo lugar no salón de actos do centro Calvo Sotelo da Coruña. A próxima actuación será no acto cultural fin de curso no noso instituto.
Parabéns a toda a compañía. Adiante co teatro.
Os Dramáxicos do IES de Mugardos
Enquisa sociolingüística - FAMILIAS
Enviado por admin o Dom, 17/05/2015 - 11:33
A semana do 18 ao 22 de maio recolleremos o cuestionario |
|
Grazas pola súa colaboración
