![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades EDL
Día do Libro, 2018
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 13:14Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos
Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 18:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
DÍa da Paz
Enviado por admin o Mar, 30/01/2018 - 21:19
Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz
Participación no certame Vindevídeos, 2018
Enviado por admin o Dom, 28/01/2018 - 13:07Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. (+info: Lecturamos)
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 12:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Lingua WÓLOF (I)
Enviado por admin o Dom, 18/06/2017 - 13:45Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente procedente do Senegal que fala wólof.
Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura?
A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar.
Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.
Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue.
<-- PREME NA IMAXE |
Nós, feminino plural (actividades de marzo)
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 13:20Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)
Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:
- Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).
- Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
- Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
- Martes 28: charla de colectivos "trans".
EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro)
Enviado por admin o Dom, 12/02/2017 - 20:07Premio 25 de novembro: canción (3.º ESO)
Enviado por admin o Lun, 28/11/2016 - 17:12AUTORA: Ariadna (3.º ESO)
1:45 minutes (4.01 MB)
Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)
Enviado por admin o Ven, 25/11/2016 - 17:54Mención especial do xurado
AUTORA: Marta Rumbo (4º ESO)
