![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 12:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
Sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Lun, 24/12/2018 - 15:47
Este é o número premiado no sorteo da ONCE do día 21 de decembro ao que corresponde a cesta de Nadal na rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO.
A agraciada Pilar Amenedo recolleu a cesta.
Resultados das eleccións ao Consello Escolar - 2018
Enviado por admin o Mér, 28/11/2018 - 18:34Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 27 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Juan Manuel López López |
Mª Beatriz Cepeda Cárdenas | |
Suplentes | Lara Cuervo Álvarez |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Lara Cristobo Vilar |
Martina Romero Pérez | |
Suplentes | Uxío López Martínez |
Paola Alonso Rivera | |
Ana Cancela Varela | |
Juan Pena García | |
Andrea García García | |
Helena Castiñeira Pérez | |
Elisabeth Bejarano Bouza | |
Sabela Martínez Ferrer |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Allegue Rodríguez |
Francisco Canoura Quintana | |
Begoña Gómez Díaz | |
Suplente | Mario Soto López |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro
Enviado por admin o Xov, 08/11/2018 - 20:45
Estimadas familias:
|
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 13:13Horarios (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Lun, 17/09/2018 - 19:51Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)
Enviado por admin o Sáb, 23/06/2018 - 12:14Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal
ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA
- Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO) - Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO
- Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
- Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
ANEXO: Devolución material E-Dixgal
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO
- Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 22:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
![]() |
![]() |
![]() |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 19:33- Impresos: Anexo I e II
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 10:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
