Skip to Content

Novas

Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)

Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal

ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA

  • Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
    As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO)
  • Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.

 

ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO

  • Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
  • Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.

Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
    ANEXO: Devolución material E-Dixgal

 

 ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO

  • Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.

Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.

 

VII Premio Estudo e Deporte

 

 Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.

No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.

Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.

    .    

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)

Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.

A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.

Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.

Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.

 

Calendario de exames (3.º avaliación)

3.ª Avaliación

ESO        BACHARELATO   
1.º ESO-A   1.º Bac-A  
1.º ESO-B   1.º Bac-B  
       
2.º ESO-A   2.º Bac-A
 
2.º ESO.B   2.º Bac-B  
       
3.º ESO-A   Exames finais
de pendentes
  
 
3.º ESO-B    
     
4.º ESO    
Distribuir contido


by Dr. Radut