Skip to Content

Novas

CANTIGUEANDO POLO NADAL

 

CANTIGUEANDO POLO NADAL. CONCURSO DE CANCIÓNS POPULARES E PANXOLIÑAS

Animádevos a participar!

 

Bases do concurso:

Participarase por grupos. Cada aula debe escoller unha canción popular ou unha panxoliña en galego. Se non coñecedes ningunha, no arquivo que se achega podedes ver unha pequena selección de cancións. As panxoliñas podedes buscalas en internet nos seguintes enlaces: http://www.mundogaliza.com/todomusica/index.php/2008/10/23/panxolinas-en-youtube/ e http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html 

Debe participar toda a clase.

A elección da canción ou panxoliña, unha vez realizada na clase,  comunicarase ó Equipo de Dinamización Lingüística, a través do delegado, nunha reunión que terá lugar o venres 9 de decembro durante o primeiro recreo no salón de actos.

Cada canción das propostas leva un enlace para poder escoitalas, por se non coñecedes a música, pero poden interpretarse dese xeito ou facer unha versión, por exemplo rapeada.

O concurso terá lugar no salón de actos, o día 21 de decembro ó final da mañá.

A aula que non participe deberá asistir á clase da materia correspondente.

Equipo de Dinamización Lingüística

Programa para a mellora do éxito escolar

O PROGRAMA DE MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR do IES Mugardos está dirixido aos rapaces e rapazas de 2º e 3º de ESO e ten os seguintes obxectivos: 

  • Estimulalo e apoiar o seu gusto por aprender e as súas actitudes positivas.
  • Contribuír a desenvolver ao máximo as súas capacidades. 
  • Ampliar a súa formación con temas interesantes, motivadores e que non formen parte do currículo escolar.
  • Acrecentar e consolidar o seu afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais.
  • Aumentar a súa implicación nas actividades do centro.
  • Mellorar o seu rendemento escolar.

O programa consiste esencialmente no desenvolvemento de obradoiros e actividades formativas que se impartirán as tardes dos luns lectivos dende xaneiro de 2012 ata xuño do mesmo ano en horario de 16:15 a 18:00. 

Estas actividades ou obradoiros serán impartidos por un equipo formado por doce profesores e profesoras do centro, organizados de xeito que como mínimo dous serán os encargados de realizar conxuntamente a actividade. 

Folleto informativo (inclúe o calendario de actividades e o equipo de profesores/as) 

how to make an avatar

Clases sen fume (2º ESO)

CLASES SEN FUME é un concurso europeo para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o tabaco antes de que te enganche. Moitos rapaces empezan a fumar aos 11 anos e aos 14 xa son adictos.

Durante o concurso realizaredes unha serie de actividades que aumentarán os vosos coñecementos sobre o tema do tabaquismo ao tempo que vos divertides e podedes gañar grandes premios.

¿Que tes que facer para participar?

Comprometerte, xunto cos teus compañeiros da clase, a non fumar durante polo menos 6 meses, dende o 15 de novembro ata abril, incluíndo as fins de semana e as vacacións. 

Axudarvos entre vós cando alguén teña tentacións de abandonar. Lémbrade que é un pacto entre todos e que se un falla, fallades todos. Se ocorre isto, intentade resolver a situación, coa axuda do voso titor ou titora.

Realizar as actividades de prevención do tabaquismo que che propoñemos.

¿Que podes  gañar?

Saúde Non fumar é a mellor decisión que podes tomar. 

Autoestima Ti es máis forte ca o tabaco e decides o que queres facer. Non deixes que ninguén nin nada decidan por ti. 

Grandes premios 

Estadías nun albergue con programa multi-aventura, MP4, entradas ao “Aquapark”... 

Diploma e premio sorpresa para todos os participantes no concurso.

Comunícalles aos teus pais a túa decisión e anima a túa familia a participar contigo no concurso “FOGARES SEN FUME” que comeza en xaneiro.

Máis información en

http://www.galiciasaude.es/clasessenfume

http://www.sergas.es/clasessenfume

Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.

I Magosto Solidario en Ares (5 de novembro)

O sábado, 5 de novembro, na Praza da Constitución de Ares, terá lugar o I MAGOSTO SOLIDARIO. A intención é recadar fondos cunha finalidade solidaria. A organización, coa colaboración do Concello de Ares, pide a participación de todos aquelas persoas que queiran botar unha man.

Podes atopar máis información na páxina de facebook: 
https://www.facebook.com/event.php?eid=187195438023982

Limites educativos

                   ALGÚNS PRINCIPIOS BÁSICOS PARA EDUCAR BEN

 

1.    NÓS somos os Profesores/as /educadores/as  o Centro Educativo só complementa

2.    EDUCAR BEN é ensinar a : coñecer as propias posibilidades, desexar crecer, aceptar as nosas limitacións e as nosas virtudes de forma sá, é ensinar a vivir.

3.    Educar ben é  ENSINAR A ADAPTARSE A TODAS AS SITUACIÓNS: BOAS E MALAS.

4.    Educar NON É PROPORCIONAR EXPERIENCIAS BOAS E AILLARSE DAS MALAS . É AXUDARLLE /S A APRENDER DELAS.

5.    Para educar ben NON EXISTEN RECETAS, se aprende de experiencias concretas e logo se xeneraliza

6.    Educar é unha TOMA DE DECISIÓNS CONSTANTE

7.    As nósas decisións están moi influidas por CÓMO FOMOS EDUCADOS

8.    Ser conscentes disto axuda a educar  mais sensatamente

9.    Educar ben a un fillo/a NON É COMPENSARLLE POLO QUE NÓS NON RECIBIMOS NA NOSA NIÑEZ .”Os rapaces/rapazas non nacen coas nosas carencias nin necesidades, non debemos crealas.

10.                       Debo ser conscente do QUE ME TRANSMITIRON CANDO ME EDUCARON.

11.                       Debo EDUCAR NO PRESENTE CON PERSPECTIVA DE FUTURO.

12.                       NON DEBO ANGUSTIARME.Senón podo, busco axuda

13.                       Para educar ben é necesario ter SENTIDO COMÚN

14.                       UNHA MALA ACTUACIÓN AGORA SE PAGA CON CRECES NO FUTURO

15.                       Moitas veces necesitaremos unha VISIÓN OBXETIVA DENDE FÓRA

16.                       Non dubides en pedir Orientación Educativa ainda que o problema pareza pequeño

17.                       NON EXISTEN OS SUPERPAIS/NAIS , todo o que te comente que a súa relación co seu fillo/a é perfecta, pode ser que necesite aparentar ou que non queira velos problemas

18.                       NADA É O MESMO para un fillo/a que para outro

19.                       Educar ben non é buscar as mesmas condicións para todos, senón é DAR A CADA FILLO/A O QUE NECESITA. Facelo así non é ser inxusto, axuda ós fillos/as a crecer aceptando a individualidade de cada ún.

20.                       Educando, VOU A COMETER ERROS

21.                       NON HAI ERRO QUE NON SE ENMENDE

22.                       Podo rectificar SIN PERDER A AUTORIDADE

23.                       Non importa o que aconteceu no pasado. SI HAI PROBLEMAS HAI QUE “COLLER O TORO POLOS CORNOS”.

24.                       POSITIVIDADE. Dille ao teu fillo/a o que che gusta e pon un límite ao que non che gusta

25.                       Un rapaz /a é unha antena parabólica constante. ENTERASE DE TODO. O IMITA TODO. O rapaz/a APRENDE MAIS DO QUE VE QUE DO QUE DECIMOS.

26.                       O  maior desexo do rapaz/ a é CONTROLAR O ENTORNO

27.                       No entorno tamén estamos NÓS. Controlar as nosas reaccións lle fascinará, incluso ainda que sexa a costa de  enfadarnos con él  (“mamá sempre se pón  bermella cando fago isto…….)

28.                       O rapaz/a necesita LIBERDADE CONDUCIDA

29.                       Senón poñemos limites á súa conduta, o fará él

30.                       NUNCA DEBO MENTIRLLE . Si o enfrento a aquelas cousas que non lle gustan pero que debe aceptar, lle preparo para asumir a realidade.

31.                       SI LLE MINTO FAREINO UN INMADURO ( necesitará que lle disfracemos as cousas para aceptalas ) E UN INSEGURO ( senón podo fiarme dos meus pais ¿ De quén me podo fiar?

32.                        Debo explicarle as cousas ( case sempre) e de forma breve

33.                       Ás veces os  rapaces / zas necesitan un “ PORQUE O DIGO EU”

34.                       Levantar castigos ou encubrir os erros só é SOBREPROTECCIÓN. As persoas só aprendemos dos nosos erros si vivimos as consecuencias dos mesmos. CREAREMOS RAPACES /RAPAZAS INMADUROS INCAPACES DE ENFRENTARSE Á FRUSTRACIÓN.

35.                       O MAIOR DESEXO dun rapaz/rapaza é que seus pais ESTÉN PENDENTES DEL.

36.                       A atención que lle prestamos é a nosa mellor arma. QUÉN SABE CÓMO E CÁNDO PRESTAR ATENCIÓN AO SEU FILLO/A SABE EDUCAR.

 

Todos estes principios podemos resumilos no seguinte pensamento :

Na nosa  actuación como Profesores/as e Educadores/as debe traslucirse o   seguinte mensaxe:

·       SÉ QUE PODES

·       POR ISO TE ENSINO E TE ESIXO

·       E COMO SEI QUE TE COSTA ESFORZO, O RECOÑEZO

 

Enquisa sobre a HORA DE LER (2011-2012)

Loading...

Buzón SQR

BUZÓN DE SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS (SQR)

PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO

O obxectivo da implantación deste buzón é establecer o proceso de xestión de suxestións, queixas e reclamacións (SQR) recibidas de calquera membro da comunidade educativa co fin de dar resposta ás mesmas e de dispoñer dos datos cos cales facer unha posterior análise que permita identificar e establecer accións de mellora do centro.

Poderán recibirse SQR de:

  • Alumnos/as matriculados e as súas familias.
  • Persoal docente e de administradores e servizos do centro.
  • Empresas colaboradoras en FCT.

Existirá un formulario para as SQR e un buzón específico no que depositalas. O formulario pode atopalo neste documento e o buzón no cal depositalo está na planta baixa do instituto, ao carón da Secretaría.

A xestión do Buzón corresponderá ao Responsable de Calidade do centro, de habelo, e, no seu defecto, ao equipo directivo.

A xestión consistirá:

  • Recoller as SQR con periodicidade semanal, rexistralas e realizar unha primeira análise.
  • Determinar a persoa/grupo que realice a análise en detalle.
  • Responder aos propoñentes das SQR unha vez que a persoa/grupo dispoña mediante informe o tratamento e a resposta a dar. Esta resposta deberá producirse no prazo de dez días contados a partir da data de recollida da SQR.
  • Conservar os rexistros xerados.
  • Emitir un informe-resumo anual das SQR recibidas que será presentado ao Claustro e Consello Escolar.

 

Impreso SQR

Xustificante de faltas de asistencia

Xustificante de faltas de asistencia para cubrir os pais, nais ou titores legais dos alumnos/as e entregar ao titor/a.
Tamén figura como documento adxunto que se pode abrir e imprimir.

Impreso: Xustificantes de faltas

Distribuir contido


by Dr. Radut