Skip to Content

Novas

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de Bacharelato como da ESO.

Reunión do club de lectura (4.º ESO)

Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.

Salón de Actos

O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.

Visita ao MC2

 

O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.

Sorteo da cesta de Nadal

   

Este é o número premiado no sorteo da ONCE do día 21 de decembro ao que corresponde a cesta de Nadal na rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. 

A agraciada Pilar Amenedo recolleu a cesta.

 

Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)

Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa situada diante das oficinas do instituto antes do 21 de decembro.
Moitas grazas!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut