![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"
Enviado por dmmillan o Dom, 13/03/2022 - 21:39O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos.
A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022
Enviado por admin o Dom, 06/02/2022 - 14:08
|
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia:
![]() Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
|
DÍA DA EDUCACIÓN 2022
Enviado por guillin o Mér, 26/01/2022 - 00:19Este Luns 24 de Xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Educación. Todo o alumnado puido asistir a unha proxección especial feita polo centro co obxectivo de reflexionar sobre o papel que xoga a educación no mundo actual. Non en todos puidemos prender esa faísca que acendese a luz da razón porque aínda tendemos a pensar que a educación é algo que sucede dentro das catro paredes do instituto...
Pero moitos seguro que se decataron que educar é poder vivir mellor, educar é saír da pobreza, educar é esperanza, futuro, igualdade, harmonía...
Xogamos coas palabras e as palabras trouxeron ideas, unhas esperadas, outras non tanto. Haberá que seguir educando, porque como rezaba un dos carteis protagonistas da proxección A EDUCACIÓN É UNHA ARMA DE CONSTRUCIÓN MASIVA...con sorte todas as armas fosen así
Grazas aos protagonistas do filme pola súa colaboración altruista e ao resto dos alumnos/as e profesorado pola súa colaboración nas quendas de proxección. Todo saiu perfecto ;-)
Ao mellor mañá mesmo xa non lembramos a desproporcionada diferencia de oportunidades de educación no mundo...mentras tanto quedámonos coas palabras que saíron onte do noso alumnado...ecos dos seus pensamentos...ás veces contraditorios...e que agora descansan no noso palabreiro, listas para ser postas en práctica.
Volta ás clases
Enviado por admin o Dom, 09/01/2022 - 14:56
O luns 10 de xaneiro retomamos as clases seguindo as pautas establecidas pola administración a nivel estatal:
A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc. serán sempre determinada por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos que se van adaptando en función desta situación cambiante.
|
![]() |
Representantes electos ao Consello Escolar (2021)
Enviado por admin o Xov, 25/11/2021 - 14:42Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 23 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Fátima García Cendán |
Patricia Senín Feal | |
Suplentes |
Francisco Bouzada Albela M.ª Carmen Abeal Hermida M.ª Rocío Lozano Castelo |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Martín Leal Abeal |
Hugo Taracido Menéndez | |
Ángel Martínez Morgade | |
Paula Riobó Senín | |
Suplentes |
Sandra Romero Quinto Roi Dragoevich Ibáñez Faia Varela Corral |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | M.ª Ofelia Lubián Dubra |
José Luis Mayobre Antón | |
Mario Soto López | |
David Martínez Millán | |
José Barcia Díaz | |
Suplente |
Marta Luz González Pérez M.ª Isabel Calvo Díaz |
PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS | |
Candidaturas electas | Begoña Portela Castelo |
Suplentes |
--- |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.
Eleccións ao Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 12:27
LEXISLACIÓN:
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FÍSICA E QUÍMICA
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 18:00Esta é a programación didáctica completa feita polo departamento de FeQ para este curso 2021-22 para as materias que lle son propias.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CAAP
Enviado por guillin o Sáb, 02/10/2021 - 17:56Esta é a programación completa da materia de Ciencias Aplicadas á actividade Profesional (CAAP) para o curso 2021-22
Miniprogramación FÍSICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 22:31Aquí tedes a programación didáctica da materia de Física de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
Miniprogramación QUÍMICA 2ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 22:30Aquí tedes a programación didáctica da materia de Química de 2ºBAC resumida, facendo fincapé nos contidos a impartir e no xeito de cualificar os distintos aspectos avaliables.
Miniprogramación FeQ 1ºBAC 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:42Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 1ºBAC na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Miniprogramación FeQ 4ºESO 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:41Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 4ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
Miniprogramación FeQ 3ºESO 2021-22
Enviado por guillin o Mér, 22/09/2021 - 19:40Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 3ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
