![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Eleccións ao Consello Escolar, 2014
Enviado por admin o Ven, 28/11/2014 - 19:15Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este venres, 28 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | ||||
Candidatas electas | Isabel Margaretto Rodríguez | |||
Estela Pérez Filgueiras | ||||
Suplentes | Domingo Rubianes Souto | |||
José María Rumbo Prieto | ||||
Teresa de Jesús Rumbo Prieto |
ALUMNADO | ||||
Candidatos electos | Pablo Javier Rañales Pérez | |||
Carlos Bello Pita | ||||
Suplentes | Sara Romero | |||
Cristian Sánchez Rocha | ||||
Sara Salido Hermosilla |
PROFESORADO | ||||
Candidatos electos | Begoña Allegue Rodríguez | |||
José Luís Mayobre Antón | ||||
Francisco Canoura Quintana | ||||
Suplente | Telmo de Paz de Luis |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Votación dos alumnos
Votación das nais
Votación dos profesores
Abrapalabra (N.º 7)
Enviado por admin o Mér, 15/10/2014 - 15:20Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015
MATRÍCULA CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Mér, 25/06/2014 - 20:20
PRAZO DE MATRÍCULA DATAS PREFERENTES 1.º ESO__________Martes, 1 de xullo |
Contratación do servizo de cafetaría para o curso 2014-2015
Enviado por admin o Mar, 24/06/2014 - 18:15RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA | |
![]() |
Baremación e resolución
Documentanción: |
Xornada de Emerxencia en Mugardos
Enviado por admin o Lun, 16/06/2014 - 22:12Esta mañá, o campeiro da Pandoira foi escenario da Xornada de Emerxencia para todo o alumnado dos colexios e instituto de Mugardos. Participaron Policía Local, Garda Civil de Tráfico, helicótero da DGT, Axega, Protección Civil de Muxía, Bergondo e Mugardos e o GES de Mugardos.
III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Ven, 13/06/2014 - 15:17Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:
PRIMEIROS PREMIOS
Nome e apelidos |
Deporte |
|
ESO 1-2 |
Fátima Cancela González |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Christian Rubianes Leyva |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Lupa Pérez Ruiz |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rodríguez Vilaboa |
Club de Golf Campomar |
BAC-PCPI |
Cristina Reborido Gómez |
Club do Mar de Mugardos |
BAC-PCPI |
Martín Pérez Sarmiento |
Club Fútbol Numancia de Ares |
Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:
PREMIO ESPECIAL
ESO 3-4 |
Sara Vázquez Rumbo |
ESK Narón |
ESO 3-4 |
Joao Pedro Moreira Dos Santos |
Racing Club Ferrol |
Ademais outorgáronse as seguintes mencións:
MENCIÓNS
Categoría |
Nome e apelidos |
Deporte |
ESO 1-2 |
Andrea Marcos Paradela |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Alba Pérez García |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Miguel Fernández Rodríguezl |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Borja Pita Seone |
Racing Club Ferrol |
ESO 3-4 |
Marica Otero |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Mercedes Pereira Rodríguez |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rañales Pérez |
Tiro con arco. Ares Arco |
ESO 3-4 |
Jorge Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 3-4 |
Sergio Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
BAC-PCPI |
Inés Sánchez Castro |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Paula Oliveira Sánchez |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Carlos López Vilasánchez |
Racing Club Ferrol |
BAC-PCPI |
Marcelo Couce Barbeito |
Fútbol Numancia |
Charlas de Seguridade Vial
Enviado por admin o Dom, 25/05/2014 - 12:36O Xefe da Policía Local de Mugardos impartiu ao longo desta semana varias charlas de seguridade vial dirixidas ao alumnando da ESO. O principal asunto desta actividade centrouse na importancia do uso do cinto de seguridade e no casco.
Inauguración da exposición "Noméame e dáme un sentido"
Enviado por admin o Mér, 07/05/2014 - 20:35Ás sete da tarde do 7 de maio, inauguramos na sala OMIX do Concello de Mugardos a exposición de fotografía abstracta ·Noméame e dáme un sentido". Máis de corenta imaxes realizadas polo alumnado de 4.º ESO coordinado polo profesora en prácticas Belén Naveira e Marta González.
Ao acto acudiu numero público e autoridades. Ata o vindeiro 30 de maio permanecerá aberta ao público en horario de mañá. Os visitantes poderán contribuír pondo un título a cada serie de imaxes.
Parabéns aos artistas!!!
Folga do 26 e 27 de marzo
Enviado por admin o Xov, 27/03/2014 - 20:33Seguimento da folga no IES de Mugardos:
98% en Bacharelato; 100% en 4.º ESO e 78% en 3.º ESO.
Viaxe a Santiago de Compostela
Enviado por admin o Mér, 12/02/2014 - 23:08Este martes os grupos de 4.º, 3.º e 2º ESO realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela. A maioría asistiu á reprensentación da obra teatral "La casa de Bernarda Alba". Os de 2º realizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego onde desenvolveron unha actividade de busca de información titulada "O quebracabezas".
Comeza o III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 22:54Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.
Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar.
Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández.
Foto: Carla V. R. (4.º ESO)
Unha mañá coa brigada antiincendios
Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 20:50A mañá do xoves, 30 de xaneiro,no salón de actos, cinco bombeiros do Distrito Forestal de Ferrol e máis unha técnica viñeron a darnos unha charla de dúas horas. Explicáronnos como se producía un incendio forestal e como o apagaban. Contáronnos como se pode producir o lume e cando é máis perigoso. Tamén nos amosaron os materiais que usan para evitar que se expanda o lume. O camión que traían era un URO e deixáronnos usar a mangueira.
1.º ESO
Charla da Policía Local sobre seguridade vial
Enviado por admin o Dom, 26/01/2014 - 13:42O Xefe da Policía Local de Mugardos, Juan Carlos García, impartiu esta semana varias charlas sobre seguridade vial para o alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC. Un dos asuntos principais foi o uso do cinto de seguridade con proxección de videos e explicación do seu correcto funcionamento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »
