Skip to Content

Novas

MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro

A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.

Suprime o control: encontro coas familias

O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control".   O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.

Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.

A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

DATA: Mércores, 8 de maio

HORA: 18:30 horas

LUGAR: Salón de Actos do instituto

DESTINATARIOS: Familiares do alumnado

 

 

Exposición Eu son imprescindible

Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".

VOTA o teu PiTuit favorito

O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day. 

Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas.  Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :

https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn

 

¡¡¡  VOTA!!

 

PI-DAY


O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi.  Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.

Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:

 

  • II campionato de PI-memoria.
    Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"

 


Imaxe da aula de matemáticas durante o concurso de memoria e folla de rexistro.

(preme na imaxe para ampliar)

 

  •  II Concurso de PI-tuits: BASES

  E ademais,  a canción deste ano "Só penso en PI". Non deixes de escoitala.

Proceso de admisión para o curso 2019-2020

 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 

CURSO 2019-2020


FORMULARIO
Os impresos entregaranse
de balde e tamén se poden
descargar nesta páxina para
a súa impresión e entrega
na secretaría do centro.

 

 

NOTA
INFORMATIVA

 

 

Sede electrónica:
Procedemento ED550B

 

Consellería de Educación
Páxina

   

A partir do 1 de marzo ábrese o período de solicitude de praza de novo alumnado. O prazo de entrega de solitudes abrangue ata o 20 de marzo.

VACANTES

Logo do proceso de reserva e permanencia, o IES de Mugardos ofrece os seguinte postos escolares vacantes para o curso 2019-2020:

- 1.º ESO: 31 (6 NNAE)
- 2.º ESO: 23
- 3.º ESO: 18
- 4.º ESO:  34

- 1.º Bacharelato: 32
- 2.º Bacharelato: 17

DOCUMENTACIÓN:

DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

BAREMACIÓN:

Non se prevé necesaria. No caso de haber máis solicitudes que prazas, a documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza entregarase do 1 ao 12 de abril.

O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso.

CALENDARIO

As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril.

As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse  antes do 10 de maio.

A matrícula dos alumnos/as admitidos terá lugar do 25 de xuño ao 10 de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro, do 1 ao 10, para os pendentes de exames de setembro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut