Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

Novas

AVISO: Folga do transporte escolar (martes, 21 de xuño)

Para mañá martes, 21 de xuño, está convocada unha folga que pode afectar ao correcto funcionamento do servizo de transporte escolar.

Sentimos as molestias que este feito poida ocasionar. 

Información sobre servizos mínimos:

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE Hércules Norte, na UTE Escolar Lote 9 e na UTE Escolar Lote 11, para o 21 de xuño de 2022.

Entérate Mugardos

O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.

 

 

 

 

Excursión fin de curso

 

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2022-2023)

 

  

Sobres de matrícula

                                             

 

Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)

No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. 
A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.

Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición

 

 

O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.

 - Menores de 16 anos.

- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.

 LUGAR:

Pavillón e pista deportiva do instituto

 HORARIO:

Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días

Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días

 INSCRICIÓN

Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.

 Fomulario de inscrición do IES de Mugardos

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScGY8Xv_xrz9UgXYwjLyXhS5dNpt1yHTYpdRkvznjs64Bv3MA/viewform

 

 Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:

  

 

 

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

PRAZO DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño

FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO

  ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio)

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación coa Chave 365.

ou a través da sede electrónica da Xunta:

Procedemento ED330B

(Na presentación electrónica deberá facer unha solicitude por cada fillo/a)

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

   

Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022

A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Semana das Profesións (2022)

  

             

Visita a centros de Formación Profesional

O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.

CIPF Ferrolterra

 

CFEA Sergude

Premio concurso do entroido

O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.

Participación no Parlamento Xove

O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove. 

Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada. 

Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

Distribuir contido