Skip to Content

ANPA

Recepción ás familias e asemblea da ANPA

 

A tarde do martes tivo lugar a recepción da dirección ás familias.

Agradecemos a asistencia que un ano máis encheu o Salón de Actos e transmitiu

o compromiso de todos na tarefa común da educación dos nosos alumnos e alumnas.

Feliz curso.

Despedida do presidente da ANPA

No último Consello Escolar demos unha agarimosa despedida a Luis Manuel Brage Varela. Tras doce anos á fronte das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as , primeiro no colexio de Franza e os últimos sete cursos na ANPA do instituto, demostrou que se pode pode servir ao ensino público desde todos os sectores, e o da representación das familias é dos imprescindibles. Salientamos del o grande espírito de colaboración, crítica construtiva e boas doses de sentido de humor. Grazas, Manolo!!!

3746: Sorteo da cesta de Nadal

O agraciado Julio Freire recolleu a cesta.

3746: este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 19 de decembro.

 

Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios

Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.

Magosto e xincana deportiva

Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.

VI Premio Estudo e Deporte, 2017

 

GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS

Venres, 23 de xuño

 

Distribuir contido


by Dr. Radut