![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Xeografía e Historia
Charla coloquio con exdeputadas/o do Parlamento de Galicia
Enviado por admin o Sáb, 28/01/2017 - 00:54Esa mañá o alumnado de bacharelato, 3.º e 4.º ESO asistiu á charla-coloquio con tres exdeputados do Parlamento de Galicia: Mª Dolores Faraldo Botana (PPdeG), Natividad González Laso (PSdG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Un dos obxectivos é dar a coñecer de preto o traballo da institución autonómica. Porén, as preguntas do alumnado e o coloquio sobre a actualidade sociopolítica completan a actividade.
Visita ao Centro de interpretación arqueolóxica do Caldoval
Enviado por admin o Ven, 23/12/2016 - 22:46O pasado mércores, último día de clase, o grupo de 2.º ESO tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Centro de interpretación arqueolóxica dos restos do Caldoval. A actividade contou coa presenza do Director Xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, e a alcaldesa do Concello de Mugardos, Pilar Díaz.
![]() |
"Tempo de Lembranzas" nas IV Xornadas de Patrimonio
Enviado por admin o Mar, 12/04/2016 - 23:52Os profesores Manuel Pousa e Gabriela Sánchez presentaron nas IV Xornadas de Patrimonio, dedicadas á memoria oral, o proxecto "Tempo de Lembranzas".
Pódese ler unha reseña da actividade na publicación Tempos de ouro.
|
Vídeos do proxecto |
Tempo de lembranza con Pilar Iglesias Martínez
Enviado por admin o Sáb, 12/12/2015 - 13:54
|
O 25 de novembro asistimos na biblioteca a unha especial lección sobre a posguerra e represión franquista en Mugardos. Co valor da historia contada en primeira persoa, dona Pilar Iglesias Martínez contounos a dolorosa lembranza da despedida do seu pai, Florentino Iglesias Varela, fusilado en xaneiro do ano 1949; tamén a historia do seu tío, o famoso guerrilleiro Pancho; ou o relato da súa propia detención como nena xunto con gran parte da familia… incluído o carro e a vaca. Entre todos os nomes, salientou a memoria da nai Antonia Martínez Leira como exemplo das grandes mulleres que en tempos tan difíciles loitaron polos seus. Agradecemos á familia Martínez-Iglesias a xenerosidade por ofrecer ao alumnado de ESO e bacharelato a valiosa achega do seu testemuño para transmitir ás novas xeracións a memoria histórica de Mugardos. |
Vídeo na canle Tempo de lembranzas.
Reunión coas familias 2.º e 3.º ESO (Martes, 16 de xuño - 18:05 horas)
Enviado por admin o Dom, 14/06/2015 - 21:04Proxecto 25 de abril
Enviado por admin o Lun, 04/05/2015 - 21:57O boletín da biblioteca da Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira (ESARS) dá conta das actividades do Proxecto 25. Trátase dun programa de colaboración entre os departamentos historia dos dous centros para a abordaxe didáctica da historia contemporánea a partir da conmemoración do 25 de abril en Portugal.
Por segundo ano, o alumnado de 1º. BAC viaxou a Lisboa, concretamente ao concello do Seixal na marxe esquerda do río Tejo, e ademais de varios actos de convivencia puido realizar unha visita guiada ao Forte de Peniche, asistir ao concerto do grupo Buraka Som Sistema e ter a vivencia da cidade de Lisboa no día sinalado do 25 de abril.
Nesta ocasión, un profesor do departamento de lingua galega continuou a estancia en Portugal a cargo de fondos europeos incluídos nun programa de mobilidade Erasmus+. O plan de traballo incluíu a presenza en aulas de lingua e literatura portuguesa e varios encontros con intercambio de experiencias e estudo da posibilidade de establecer no noso instituto a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira.
25 de abril en Portugal (Viaxe de 1.º BAC)
Enviado por admin o Sáb, 25/04/2015 - 02:16O alumnado de 1.º BAC da modalidade de Humanidades e algúns de ciencias, está a pasar estes días no concello de Almada, localidade veciña de Lisboa, na marxe esquerda do río Tejo. A viaxe organizada polo departamento de Xeografía e Historia encádrase nun proxecto de irmanamento coa Escola Secundária Alfredo Silveira dos Reis (Torre da Marinha-Seixal). Entre as actividades previstas están o paseo pola capital lisboeta, unha visita ao penal do castelo de Peniche guiada polo histórico dirixente Álvaro Pato; e a asistencia a varios actos de celebración do 25 de abril.
Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 18:04O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.
Tempo de lembranzas
Enviado por admin o Sáb, 21/02/2015 - 15:21Serie de gravacións sobre a memoria histórica de Mugardos. Comeou no curso 2013-2014 cun encontro con mulleres no Local Social de Maiores e unha charla con Guillermo Gallego. A máis recente é a gravación da charla mantida con Loli Vázquez Filgueiras.
Lista de reprodución na Canle YouTube.
Charla con Loli Vázquez
Enviado por admin o Xov, 05/02/2015 - 20:14A biblioteca foi escenario hoxe dunha emotiva lección de historia a cargo de Loli Vázquez. Diante dun atento auditorio de alumnos e alumnas de 4.º ESO e bacharelato, a coñecida mugardesa foi dando testemuño da memoria persoal, familiar e colectiva de Mugardos durante a posguerra e a loita contra a represión franquista.
Proximamente, publicaremos a gravación da charla dentro da serie de entrevistas "Tempos de lembranza", comezadas o curso pasado.
Unha vez máis, Loli, moitas grazas.
Homenaxe a Xoán Carneiro
Enviado por admin o Sáb, 28/06/2014 - 18:08No derradeiro claustro do curso despedimos, por traslado voluntario de destino, ao profesor Xoán Carneiro. Para nós trátase dunha referencia indiscutible do IES de Mugardos no que impartiu docencia de xeografía e historia ao longo dos últimos 24 anos. Por iso, en nome de toda a comunidade educativa, queremos manifestar o noso recoñecemento e gratitude polo seu labor profesional e calidade humana.
A xeito de homenaxe reproducimos o discurso que como representante do profesorado pronunciou hai un ano no acto de celebración do 25.º aniversario do centro, e que colleitou moitos aplausos.
ERIKA Y ZOE COMPRAN EN SUBASTA OBRAS DE KANDINSKY E GAUGUIN A PREZO DE SALDO.
Enviado por manuelpousa o Mar, 13/05/2014 - 20:55
As coleccionistas amosando as súas recentes adquisicións.
Yaiza, Marta, Lorena, Verónica e Fátima. Gañadoras do 1º concurso PERSONAXE + IMPORTANTE DO S. XIX
Enviado por manuelpousa o Mar, 29/04/2014 - 21:20
En dura final con Jesssica, Andrea e Iria (Lincoln) gañou o equipo de ELISABETH CADY STANTON, nai do feminismo. No camiño quedaron Darwin, Washington, Marx, Napoleón, Bolívar e a raiña Vitoria.
OTRA VEZ, ¡MALDITOS EXAMES! (PENDENTES DE 3º CIENCIAS SOCIAIS)
Enviado por manuelpousa o Dom, 13/04/2014 - 11:19
Primeiro exame:
Tema 6: Apto 1 (100), 2 (101), 5, 6 e 7 (104-9)
Tema 7: Apto 1 e 2 (116), pax 121 e resumo da 134.
Tema 8: aptdo 1 e 2 (140 e 142) e pax 153.
DATA PROPOSTA: 7 DE MAIO
Segundo exame:
Tema 9: aptdo 1 (156), a opep (recadro 158), 5 (158-160), 9 (pax. 164-5), 10, 11 e 12 (166-9)
Tema 10: apto 2 (177) e 7 (182-4)
Tema 11: aptdos 1, 2, 3, 4 (194-5), transporte naval e canle de Panamá (198), cadro esquerda p. 200
DATA PROPOSTA: 28 DE MAIO
