![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación física
Xornadas sobre o Proxecto Deportivo de Centro
Enviado por admin o Lun, 23/05/2016 - 21:48O pasado venres, as profesoras Lecicia Ogando e Covadonga Rodríguez-Moldes participaron nas I Xornadas sobre o Proxecto Educativo de Centro e promoción de hábitos saudables celebrado no salón de actos do INEF en Bastiagueiro. Neste foro puidon expoñer as actividades desenvolvidas no noso centro e a organización dos Premios Estudo e Deporte.
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa
Enviado por admin o Sáb, 14/05/2016 - 10:51
Este galardón oficial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recoñece o Plan Deportivo de Centro do IES de Mugardos que se basea, por unha banda, na extensa programación de actividades impulsadas poio Departamento de Educación Física; e por outra, na convocatoria anual dos nosos Premios Estudo e Deporte.
A gala de entrega celebrouse o 12 de maio, no Teatro Principal da cidade de Ourense. Ademais da dirección e profesorado, acudiron representantes do Concello de Ares: Eugenio Fernández, concelleiro de Cultura, e Javier Sánchez, técnico municipal de deportes. Por parte da ANPA, Manuel Brage e do alumnado, Sara Vázquez.
Recolleron a acreditación, a a profesora de Educación Física, Leticia Ogando, e a coordinadora dos nos Premios Estudo e Deporte, Covadonga Rodríguez-Moldes.
Entre outros galardoados salienta o Premio ao mellor deportista mastulino para Javier Gómez Noya, primeiro triatleta da historia en ser Pentacampión do Mundo.
Ver listaxe completa de galardoados
|
LIGAZÓNS:
- Secretaría Xeral para o Deporte
- Portal educativo da Consellería de Educación
- DIARIO DE FERROL (13 de maio)
Iniciación ao remo no Club do Mar (2)
Enviado por admin o Mar, 26/04/2016 - 20:38![]() |
Esta semana tocoulle aos Agradecemos ao Club do Mar
|
|
Iniciación ao remo no Club do Mar
Enviado por admin o Lun, 18/04/2016 - 19:33![]() |
![]() |
Grazas ao Club do Mar de Mugardos, todo o alumando de 3.º e 4.º ESO asistiu esta mañá a unha sesión de iniciación ao remo. O tempo axudou e foi unha experiencia moi gratificante tanto para os que xa practican este deporte coma para os que saíron por primeira vez ao mar.
Exhibición e práctica de tenis de mesa
Enviado por admin o Xov, 31/03/2016 - 22:09O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol. Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras. A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.
Carreiras de orientación
Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 20:49Celebración do magosto
Enviado por admin o Dom, 22/11/2015 - 18:05Actualización:
Diplomas aos equipos da xincana deportiva.
Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Fragas do Eume (3.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 21/10/2015 - 18:22O mal tempo non foi impedimento para que os alumnos/as de 3.º ESO realizaran este luns, 19 de outubro, o percorrido de senterismo polas Fragas do Eume organizada polo Departamento de Educación Física.
Andaina do Belelle
Enviado por admin o Mér, 14/10/2015 - 14:35
|
![]() |
Este mércores os alumnos/as de 1.º e 4º de ESO realizaron a ruta da "Fervenza do río Belelle". O percorrido de algo máis de dez quilómetros serviu para reforzar o programa de apadriñamento e amadriñamento entre as diferentes promocións do instituto.
Camiño de Santiago (1.º BAC)
Enviado por admin o Mér, 07/10/2015 - 14:42
O martes, 6 de outubro, o alumnado de 1.º bacharelato realizou a xa trandicional actividade dunha etapa do Camiño de Santiago para comezar con ganas todo curso deportivo que lles queda por diante. Nesta ocasión foron algo máis de 21 quilómetros entre Palas de Rei e Boente. |
![]() |
IV Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 11/06/2015 - 17:29
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)
Duatlón escolar en Ares
Enviado por admin o Mar, 05/05/2015 - 21:22Esta mañá o alumnado de 1º e 2º ESO participou, conxuntamente con outros centros educativos de Mugardos e Ares, na actividade deportiva de duatlón escolar polas rúas de Ares. Parabéns aos participantes e aos organizadores.
Camiño de Santiago (1.º BAC.)
Enviado por admin o Mér, 22/04/2015 - 16:27- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
