Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

Educación física

Senderismo nas Fragas do Eume

O alumnado de 3.º e 4.º da ESO puido desfrutar esta semana nas rutas de sendeirismo organizadas polas concellarías de deportes dos Concellos de Ares e Mugardos dentro do programa Deporte Escolar da Xunta de Galicia. A actividade realizouse conxuntamente cos colexios de Ares e Monfero nunha gran xornada de convivencia e actividade física no medio natural.

 

Campionato provincial escolar de orientación

 Moi agradecidos coa organización do Campionato provincial escolar de orientación celebrado esta mañá nas instalacións de Acea da Ma (Culleredo). O alumnado de 3.º e 4.º ESO gozou dunha mañá intensa de actividade deportiva e compañeirismo, na que ademais Marta R. e Brais G. acadaron o 3.º posto na clasificación de cadetes.

Carreira de orientación en Monfero

 
 

Máxima participación e colaboración entre compañeiros/as de 1.º e 2.º ESO na carreira de orientación zonal celebrada o pasado xoves, en Monfero, dentro do programa Xogade.  Moitas grazas aos estupendos anfitrións do CPI Virxe da Cela.

Comezo do campionato masculino de balomán

Recreos no pavillón

Campionato masculino de
BALONMÁN

Comezo do campionato feminino de balomán

Recreos no pavillón

Campionato feminino de
BALONMÁN

Entrega de premios dos campionatos de fútbol e xincana

Xincana
do magosto
   

Fútbol sala
feminino

   

Fútbol sala
masculino

Recreos saudables (xaneiro)

Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.

O "menú" e prezos para este mes de xaneiro é a seguinte:

Programa radiofónico "Convivir en Igualdade" (Radio Galega)

http://www.crtvg.es/podcast_rg/0086/0086_20161222010000.mp3
A partir do minuto 6

Sesión radiofónica gravada no instituto o 13 de decembro e emitido no programa "Convivir en Igualdade do día 22 de decembro para dar a coñecer o Proxecto Deportivo de Centro. Contou coa participación de gran parte da comunidade educativa, entidades deportivas e municipais. Unha hora estupenda de radio para compartir.

A Radio e a Televisión de Galicia no instituto

PREME NA IMAXE

Primeira conexión no minuto 26 e a segunda a partir do 47:40

Esta mañá os medios de comunicación públicos de Galicia tomaron o salón de actos para dar a coñecer de primeira man o Proxecto Deportivo de Centro. A televisión realizou dúas entradas en directo no programa matutino A Revista; e por outra banda, o veterano xornalista Alfonso Pardo gravou un novo programa da serie Convivir en igualdade que será emitido por primeira vez a vindeira noite do 21 ao 22, ás 1:00 horas.

Foi case unha hora de gravación radiofónica na que se deu voz a todos os axentes implicados: profesores e departamento de Educación Física, a Administración representada pola Secretaría Xeral para o deporte, concellos de Mugardos e Ares, entidades deportivas como o Galicia de Mugardos ou o Club de Remo de Ares, ANPA e, por suposto, o alumnado que un ano máis está convocado a participar nos Premios Estudo e Deporte.

Camiño de Santiago (25 de outubro)

 

O pasado martes, 25 de outubro, o alumnado de 1.º bacharelato realizou a trandicional actividade dunha etapa do Camiño de Santiago para comezar con ganas todo curso deportivo que lles queda por diante. Nesta ocasión foron algo máis de 15 quilómetros entre Palas de Rei e Melide.

 

Visita do antigo alumno Adrián Lorenzo

Esta mañá recibimos a visita de Adrián Lorenzo, antigo alumno. Falou do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas co alumando da materia optativa de Actividade Física de 2º. bacharelato.

Comezo dos Recreos Saudables

 

Esta semana comezaron dúas actividades importantes para dinamizar os recreos. Por unha banda, o Plan Deportivo de Centro cos torneos deportivos que arrincaron co Fútbol Sala. E por outra, o programa Recreos Saudables. Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos. Comezamos cuns dez alumnos/as apuntados e esperamos aumentar o número de familias interesadas nas próximas semanas.

 

     

V Premio Estudo e Deporte

Comprácenos informar dos gañadores e mencións especiais dos Premios Estudo e Deporte que patrocina o IES de Mugardos e mais os Concellos de Mugardos e Ares, a ANPA O Castro e o Club do Mar e a SDC Galicia de Mugardos, coa colaboración indispensable de ata 35 entidades deportivas e asociacións de Ferrolterra.  Entre todos queremos poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
 
Os alumnos e alumnas do IES de Mugardos premiados nesta ocasión acadaron unha media moi elevada na fase de baremación, segundo os criterios que se poden consultar nas bases. Tamén queremos  facer chegar o noso recoñecemento  a todas as familias que asumen con dedicación a tarefa de facilitar a práctica de calquera tipo de actividade física dos seus fillos.
 
Esta iniciativa dos Premios Estudo e Deporte está incluída no Plan Proxecta e nos Contratos-Programa para a mellora da excelencia que promove a Consellería de Educación.  Este ano acada xa  a súa quinta edición. Queremos nesta ocasión compartir con todas as entidades colaboradoras o recoñecemento máximo que para nós foi a concesión ao IES de Mugardos do Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
 
A entrega dos Premios Estudo e Deporte realizarase o día 22 de xuño como colofón ao Acto Cultural de fin de curso. 

Distribuir contido