![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación física
Carreira de orientación deportiva
Enviado por pcantero o Lun, 08/03/2021 - 14:18
Pautas fin de curso
Enviado por pcantero o Mar, 05/05/2020 - 20:11PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.
O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):
- Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
- Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
- Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.
Outra información de interés:
· Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.
· O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!
Educación Física (Bacharelato)
Enviado por pcantero o Ven, 20/03/2020 - 13:471º- Bacharelato | 2.º Bacharelato | |
Tarefas de reforzo e profundización no curso da aula virtual do IES Mugardos. Na espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El amor en los tiempos del cólera”. Nesta aula solicítanse tarefas que contribúen ao reforzo dos contidos do nivel educativo e á súa aplicación práctica. | Materiais formativos e de traballo no curso da aula virtual do IES Mugardos. Á espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El baile de la victoria”. Tarefa interdisciplinar con varias tarefas intermedias de entrega secuenciada, aplicable á situación actual. |
https://classroom.google.com/u/0/h
Educación Física (3.º e 4.º ESO)
Enviado por pcantero o Ven, 20/03/2020 - 13:40Tarefas na aula creada en classroom (entran a través do seu correo de Gmail, de Google), cunha aula creada para cada un dos niveis educativos onde xa teñen tarefas asignadas: “Sesións Complementarias” (que en breve cambiará de nome, axustándose a cada grupo).
Surf, megajump e visita ao INEF
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 21:46O alumnado de Actividade Física (2.º Bac) realizou este martes a excursión á praia de Bastiagueiro para desenvolveren unha práctica de surf. Tamén aproveritaron a xornada cunha acticidade de magajump e unha visita ao INEF.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 12:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber
Enviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 17:43![]() |
1.º PREMIO - Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de 1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas. As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto. A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda. Parabéns!!! |
![]() |
1.º ESO - A |
|
1.º ESO- B Análise campañas en instagram (Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...) |
|
|
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 23:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
![]() |
![]() |
![]() |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Deportes náuticos en Ares
Enviado por admin o Ven, 11/05/2018 - 12:32Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)
Enviado por admin o Dom, 29/04/2018 - 15:17Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.
Sesións formativas para pais e nais
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 14:52A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
Ioga tibetano
Enviado por admin o Dom, 25/03/2018 - 12:40O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.
Proba de orientación deportiva en Monfero
Enviado por admin o Sáb, 03/03/2018 - 13:07O xoves pasado o alumnado de 1.º e 2.º ESO venceu a chuvia, o vento e o frío na carreira de orientación celebrada en Monfero xunto con outros centros que participamos no programa Xogade. Trátase, ademais, dunha proba preparatoria para a fase provincial que se vén realizando en Culleredo.
Campionato de volei
Enviado por admin o Xov, 01/03/2018 - 18:26Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.
Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 23:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 22:31Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 14:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 12:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
