Skip to Content

Animación á lectura

Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)

O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...

Lecturas da Pandoira

No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.

Día da Palabra (23 de novembro)

O alumnado de 1.º ESO uniuse o 23 de novembro á celebración do Día Internacional da Palabra. Trátase dunha iniciativa da Fundación César Egido para concienciar a toda a sociedade da necesidade do diálogo como ferramenta fundamental para a erradicación de toda violencia.

A nosa actividade, deseñada pola Biblioteca, centrouse na cita clásica Verba volant, scripta manent.

Verba volant,
As palabras lévaas o aire,

scripta manent
a escrita permanece

Entrega de premios do "Concurso de Cabazas"

O "Concurso de cabazas", convocado pola Biblioteca e o EDL, entregou o pasado venres os agasallos correspondentes ao primeiro premio. Velaquí están:

Fotos na Galería

   

A Santa Compaña na biblioteca

SAMAÍN - HALLOWEEN - DIFUNTOS


 

Premios do "Concurso de cabazas, 2012"

Os membros do xurado decidiron outorgar varios premios, pois dada a calidade dos traballos realizados era case imposible decidirse por un ou dous.

1.º PREMIO
Dous vales, un canxeable por un regalo sorpresa e un vale para a cafetería.

Lúa

A máis orixinal:

A lúa

AUTORES: Judith R. e Alberto P. (2.º ESO).

A máis divertida:

Pachi, a máis melona

AUTORA: Margarita F. (2º. ESO).

 

A máis creativa:

Zapatillas

AUTOR: Xurxo R. (2.º ESO).

Tívose en conta tamén o esforzo de transporte e baleirado.

 2.º PREMIO
Un vale para a cafetería.

A máis doce

A bruxa da cara torta

AUTOR: Christian R. (1.º ESO)

A máis comellona

Espantasementes 

AUTOR: David V. (1.º ESO)

A da dentadura perfecta

Devoradora 

AUTORA: Lidia G. (1.º ESO)

+ Fotos na Galería 

"A Boca do Lobo" nas Xornadas dos Clubs de Lectura

A Boca do Lobo estivo presente nas V Xornadas dos Clubs de Lectura de Galicia que se celebrou o sábado pasado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Puideron asistir a obradoiros, charlas e conferencias ao redor dos libros e a lectura. Mesmo no momento de descanso, os membros do noso club convertéronse en "persoas libro" e recitaron breves poemas aos asistentes. Foi unha intensa xornada ao redor dos libros e a literatura.

Fotos da organización

Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada

   No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC.

   O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. 

Preme na ilustración
para ler o cómic

Distribuir contido


by Dr. Radut