![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Animación á lectura
Abrapalabra (N.º 7)
Enviado por admin o Mér, 15/10/2014 - 15:20Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015
Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)
Enviado por admin o Sáb, 29/03/2014 - 21:56O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.
Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Dom, 20/10/2013 - 12:42Comezou a HORA DE LER.
Non esquezas o teu libro.
Operación bolboreta monarca
Enviado por admin o Mér, 16/10/2013 - 20:29Continúa na entrada do instituto a exposición sobre as bolboreta monarca. Lembra o pequeno premio que podes conseguir grazas a elas.
Actividades dos Clubs de Lectura
Enviado por admin o Dom, 02/06/2013 - 18:42A semana pasada, os Clubs de Lectura da ESO realizaron dúas actividades.
O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio Seijas. Contounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.
O martes, xunto cun grupo do IES Fraga do Eume (Pontedeume), o Club de Lectura de 3.º e 4º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo onde realizou unha interesante actividade de busca de información polas salas do museo. Logo realizamos compras na Libraría Trama.
Irmandade coa biblioteca do IES As Fragas do Eume (Club de lectura)
Enviado por admin o Lun, 29/04/2013 - 21:28Esta mañá o Club de Lectura participou en Pontedeume no acto de confraternización entre o Club de Lectura e a biblioteca do IES Fraga do Eume dentro dos actos de conmemoración do 25º aniversario de ambos os centros. A visita comezou cunha confencia de Carlos de Castro Álvarez, autor da novela La casa de la linterna. A continuación visitamos os lugares polos que transcorre a obra lida e comentada para a ocasión polo alumnado asistente. A mañá rematou cun magnífico xantar ofrecido na Escola de Hostelería.
VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 13:12

- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
- O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 20:14O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...
No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.
Día da Palabra (23 de novembro)
Enviado por admin o Dom, 25/11/2012 - 13:38O alumnado de 1.º ESO uniuse o 23 de novembro á celebración do Día Internacional da Palabra. Trátase dunha iniciativa da Fundación César Egido para concienciar a toda a sociedade da necesidade do diálogo como ferramenta fundamental para a erradicación de toda violencia.
A nosa actividade, deseñada pola Biblioteca, centrouse na cita clásica Verba volant, scripta manent.
Verba volant, |
scripta manent |
Entrega de premios do "Concurso de Cabazas"
Enviado por admin o Dom, 11/11/2012 - 19:19O "Concurso de cabazas", convocado pola Biblioteca e o EDL, entregou o pasado venres os agasallos correspondentes ao primeiro premio. Velaquí están:
