![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Animación á lectura
Programa de radio: a viaxe dos Reis Magos
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 23:35Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)
Concurso de Viaxe
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 13:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.
Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).
![]() |
![]() |
![]() |
Concurso de rap contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Sáb, 14/12/2019 - 13:45Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero este día a Biblioteca e o EDL convocaron un concurso de rap.
Os gañadores do concurso foron os alumnos de 3.º ESO Xabier Sánchez e Miguel Ángel Rincón (mención especial).
Isto é para que escoites,
isto é para que loites...
Contra a violencia de xénero (25N)
Enviado por admin o Dom, 08/12/2019 - 20:52O pasado venres recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto conseitiu dna realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso. Axiña saberemos o veredicto do xurado e compartiremos as creacións.
Rap, educando en valores
Enviado por admin o Xov, 07/11/2019 - 21:33
|
![]() |
O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e tamén na ensinanza académica.
Comezo do CLUB DE LECTURA
Enviado por admin o Mar, 08/10/2019 - 22:04Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.
Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela
Enviado por admin o Ven, 10/05/2019 - 10:33
Visita da escritora Antía Yáñez
Enviado por admin o Mér, 20/03/2019 - 09:52![]() |
![]() |
Este mércores, 20 de marzo, visitounos a escritora ANTÍA YÁÑEZ para analizar e comentar co alumnado as súas dúas obras: O misterio de Portomarín, cos lectores de 1.º ESO; e Senlleiras, cos de 2.º de bacharelato. Os encontros coa autora desenvolvéronse na biblioteca con atención e moita participación dos lectores/as. Ao final das sesións, tamén asinou numerosos exemplares.
E ti, aínda non coñeces a ANTÍA YÁÑEZ? Deixámosvos co booktrailler realizado polos lectores máis novos do instituto:
Reunión do club de lectura (4.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 19/02/2019 - 18:19Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 19:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 18:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
