![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
"A poesía vén dun lugar que ninguén controla"
Enviado por Serafín o Lun, 24/10/2011 - 00:12Discurso de Leonard Cohen na entrega dos Premios Príncipe de Asturias (2011)
Currículo 2º ESO
Enviado por Serafín o Xov, 20/10/2011 - 19:312º ESO |
No impreso de matrícula deben facerse constas as seguintes opcións: |
|
MATERIAS | Horas semanais |
|
Matemáticas | 4 | |
Lingua e Lit. Galega | 3 | |
Lingua e Lit. Castelá | 3 | |
Ciencias da Natureza | 3 | |
Ciencias Sociais | 3 | |
Inglés | 3 | |
Tecnoloxías | 3 | |
Educación Física | 2 | |
Música | 2 | |
*2ª Lingua - Francés | 2 | |
Educación para a Cidadanía | 2 | |
* Relixión Católica ou Alternativa á relixión |
2 | |
Titoría | 1 | |
Series documentais en rtve.es
Enviado por Mayobre o Mér, 12/10/2011 - 19:28No seguinte enlace iranse recuperando as grandres series documentais que formaron parte de "La aventura del saber"
http://www.rtve.es/television/la-aventura-del-saber/documentales/
Unha explicación da crise "ao burro"
Enviado por Mara o Xov, 06/10/2011 - 12:56Aínda que é un pouco simplista e faltan moitos aspectos por analizar, esta presentación do profesor Sergi Sanchiz Torres pon o punto sobre algunhas da íes explicativas das orixes da crise actual.
Especuladores, reflexionade!
Morreu Steve Jobs
Enviado por Mara o Xov, 06/10/2011 - 12:45Este día tráenos una nova triste: morreu Steve Jobs.
Se non coñecedes este discurso na Universidade de Stanford no ano 2005, creo que paga a pena escoitalo, xa qué unha verdadeira lección sobre como enfrontar os reveses que nos pon a vida.
Buzón SQR
Enviado por admin o Lun, 26/09/2011 - 23:02BUZÓN DE SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS (SQR)
PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO
O obxectivo da implantación deste buzón é establecer o proceso de xestión de suxestións, queixas e reclamacións (SQR) recibidas de calquera membro da comunidade educativa co fin de dar resposta ás mesmas e de dispoñer dos datos cos cales facer unha posterior análise que permita identificar e establecer accións de mellora do centro.
Poderán recibirse SQR de:
- Alumnos/as matriculados e as súas familias.
- Persoal docente e de administradores e servizos do centro.
- Empresas colaboradoras en FCT.
Existirá un formulario para as SQR e un buzón específico no que depositalas. O formulario pode atopalo neste documento e o buzón no cal depositalo está na planta baixa do instituto, ao carón da Secretaría.
A xestión do Buzón corresponderá ao Responsable de Calidade do centro, de habelo, e, no seu defecto, ao equipo directivo.
A xestión consistirá:
- Recoller as SQR con periodicidade semanal, rexistralas e realizar unha primeira análise.
- Determinar a persoa/grupo que realice a análise en detalle.
- Responder aos propoñentes das SQR unha vez que a persoa/grupo dispoña mediante informe o tratamento e a resposta a dar. Esta resposta deberá producirse no prazo de dez días contados a partir da data de recollida da SQR.
- Conservar os rexistros xerados.
- Emitir un informe-resumo anual das SQR recibidas que será presentado ao Claustro e Consello Escolar.
IX Certame de Relato Curto Concello de Mugardos
Enviado por galego o Ven, 23/09/2011 - 21:43Consulta as bases íntegras do IX Concurso de relato curto en galego:
Bases IX concurso relato curto.doc
RESUMO:
- Tema libre, extensión máxima de 10 folios, en lingua galega.
- Categoría até 18 anos.
- Premio: bono por valor de 300 euros para mercar libros.
- Mencións especiais con diploma e lote de libros para relatos infantís.
- Prazo de entrega até o 19 de outubro.
Visto na prensa
Enviado por admin o Mar, 20/09/2011 - 23:27FIRMAN UN 'CONTRATO'
Padres se comprometen con un instituto a revisar los deberes de sus hijos
VILLENA (ALICANTE), 19 Sep. (EUROPA PRESS) -
Los padres de los alumnos de un instituto de Villena (Alicante) han firmado un 'contrato' muy particular con el centro por el que se comprometen, por escrito, a una serie de cuestiones encaminadas a mejorar el rendimiento escolar y la relación con los hijos, como revisar diariamente sus tareas escolares, establecer un horario de estudio, acudir a las reuniones del centro o fomentar el respeto al profesor.
Se trata de un decálogo que figura en el sobre de matrícula y que han firmado todos los padres de los casi 900 alumnos del Instituto Antonio Navarro Santafé para "intentar evitar el fracaso escolar" y "potenciar la responsabilidad" de los menores, así como "conseguir el respeto al profesorado", según explicó a Europa Press Televisión el presidente del AMPA, Juan Martínez.
A aula de matematicas (aula 4) estrea reloxio
Enviado por Covadonga o Mér, 07/09/2011 - 17:54Así pode aproveitarse o paso do tempo para facer máis matemáticas.
Comprobade como a división nas horas 3, 5 e 11 non segue o mesmo "algoritmo" que nos aprendimos na escola. Hai moitas formas de facer divisións, seguramente a máis extendida no mundo é a que podedes ver no enlace seguinte:
Xeometría: descubrindo novos poliedros. O poliedro de Schönhardt
Enviado por Covadonga o Mar, 06/09/2011 - 23:44Trátase dun poliedro que non se pode descompoñer en tetraedros. Para saber máis: http://gaussianos.com/el-poliedro-de-schonhardt/
Unha opción de futuro: estudiar Matemáticas
Enviado por Covadonga o Mar, 06/09/2011 - 09:53Pois si, pode ser unha boa opción http://www.agenciasinc.es/Noticias/Dentro-de-unos-anos-podrian-faltar-ma...
Mediadores
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 16:57
MEDIADORAS
|
|
Que é a mediación? Característica da mediación?
E se quero ser mediador? Quen pode ser mediador?
+ Info: Departamento de Orientación |
Apadriñamento
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 14:15
O alumnado do IES Mugardos non está cego. Sabemos que ó noso redor suceden cousas que non están ben, que hai compañeiros que non son felices na escola porque non se atreven a falar. Probaremos a crear un programa de apadriñamento entre nós En que consiste? Que poden os padriños e madriñas ao seus afillados/as? Que hai que facer para ser padriño ou madriña? Cales son as súas misións? Quen poderá ser padriño ou madriña?
Quen escolle a quen? Que pasa se non funciona ben a relación entre un padriño/madriña e o seu afillado/a? |
|
Alerta Escolar
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 13:47A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso 2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
